ROTA DAS INSUAS:
|
ACCESOS: |
Dende o centro da vila pola N-120, desviándose ata o campo de tiro de Atios. |
| LONXITUDE: | 9 kilómetros |
| DURACIÓN APROXIMADA: | 3 h. e 30 minutos |
| DIFICULTADE: | Media |
| PUNTO DE CHEGADA/PARTIDA: | Merendeiro de "A Veiguiña" |
| OBSERVACIÓNS: | Posibilidade de aparcar no punto de chegada/partida. Fontes de auga potable ó longo do percorrido. |

PRINCIPAIS PUNTOS DE INTERESE:
| Merendeiro e miradoiro de "A Veiguiña" |
| Aldea de "As Insuas" |
| Vistas do val dende o Sendeiro das Greas |
| Área recreativa do Roupeiro |
| Área recreativa de "As Insuas" |
DESCRICIÓN
Da rota das Insuas destaca principalmente as
vistas do val da Louriña ó longo de todo o seu percorrido. Esta
rota ten uns 9 km. de lonxitude, cunha dificultade media, destacando a dificultade
dalgúns tramos moi ascendentes. Está trazada para ser realizada de
maneira circular partindo e rematando no mesmo punto. Discorre por sendeiros
de terra na súa maioría, a excepción dun pequeno tramo dun quilómetro de pista
asfaltada, por camiños interiores de Atios e enlaza coa ruta da Mancomunidade
de Vigo, o "Sendeiro das Greas".
A rota comeza no merendeiro da "A Veiguiña" onde dispoñemos dun amplo merendeiro con mesas e asadores, unha zona que posúe un miradoiro de gran beleza da zona de Porriño e os seus arredores, que linda co campo de tiro ó prato e coa posibilidade de acceder en vehículo e aparcalo. Iniciamos o percorrido tomando unha pista descendente, e a 400 metros tomamos un camiño estreito a dereita, durante 1 km. Seguiremos a mesma dirección e un pouco máis adiante divisaremos as casas que forman a pequena aldea de "As Insuas". Chegamos a unha fonte e unha casa particular, deixándoas a esquerda, a 20 metros tomarémolo camiño da dereita que ten unha forte pendente e seguiremos de fronte durante 2 km.
Sorprenderanos a paisaxe con grandes penedos
e de frondosidade autóctona. A senda discorre en pendente ascendente e despois
case outros 500 ms. de forte pendente na que atopamos unha zona repoboada
recentemente de frondosas e que pode ser unha boa zona de descanso, a cal
nos conduce ó cruce coa ruta da Mancomunidade de Vigo. Aquí xiraremos a esquerda
en dirección á zona de "O Roupeiro", despois de andar cerca de 200 metros
poderemos saír da ruta á esquerda ata un miradoiro fantástico, tanto
polas vistas coma polo entorno natural onde se encontra; nel destacan grandes
penedos, a flora autóctona e, como non, as vistas: o "Faro" de Budiño, Porriño,
e o alto de "A caseta do garda".
Voltamos ó camiño orixinal e camiñaremos sen dificultade 3 Km. Por este camiño chegamos a un sendeiro á esquerda cun descenso acusado e sorprendentes vistas, ten unha lonxitude aproximada de 1,1 Km., é chan e con lixeiras pendentes ascendentes. Despois de ignorar varios cruces, chegamos a zona de recreo "Chan das Insuas" (Zona recreativa provista de mesas, onde un sendeiro nos achega ata unha charca destinada o regadío, máis abaixo e por entre as pedras chégase a un regato que sortea varios muíños de auga) seguindo a pista asfaltada ascendente, e a 300 metros atopámonos un sendeiro de terra a dereita. Despois de varios cruces encontrámonos a dereita co acceso o campo de tiro e á area recreativa de "A Veiguiña" onde finalizaremos a nosa rota.