O
Centro Culturalconta con dez ordenadores a disposición dos seus usuarios.
A sala de acceso a Internet, libre e de balde, está composta por sete
terminais conectadas á rede con ancho de banda ADSL Premium de 8 Mbps
con servicio de impresión e scanér: tres delas co sistema operativo
Windows XP e catro con software libre con sistema Linux. Velaquí as
bases da súa utilización:
• O servicio de acceso a Internet é exclusivamente con fines
de consulta e recompilación de información, e pretende o acceso
dos cidadáns á información e á cultura a través
de software libre.
• O uso dos ordenadores é gratuito.
• O acceso en Internet a contidos inapropiados ou inaxeitados é responsabilidade directa do usuario, e o persoal da biblioteca resérvase o dereito a finalizar en calquera momento a sesión de consulta, cando considere que non se está facendo un uso axeitado do servicio. Prohíbese expresamente o acceso a chats e xogos.
• O horario da sala de acceso a Internet é de 9,30 h. a 20,30 h. initerrumpidamente.
• Cada terminal poderá ser utilizada por unha única persoa.
• O tempo de uso está limitado a 1 hora por persoa e día. Antes de entrar, o usuario deberá inscribir o seu nome e a hora de inicio da sesión na planilla disposta na entrada, no cadro correspondente. Tanto o persoal da biblioteca como os usuarios resérvanse o dereito a finalizar en calquera momento unha sesión de consulta cando o tempo de uso esté rematado, tomando coma referencia a hora de inicio disposta na planilla.
• Está expresamente prohibido calquera acto ou adulteración dos programas ou configuracións informáticas, así como maltratar os ordenadores, desconectalos, apagalos ou realizar algún cambio no seu funcionamento.
• Os usuarios poderán gardar a información que desexen nun dispositivo de almacenamento da súa propiedade, ou ben nas carpetas locais tendo en conta que a información poderá ser borrada ó final de cada quenda.
• Os usuarios poderán imprimir os documentos que desexen en formato DIN A4 en branco e negro, previa solicitude ó persoal da biblioteca. Cada copia ten un custe de 6 céntimos de euro.
Tamén está instalado o sistema WI-Fi a través de dúas
liñas (biblio_int e biblio_ext) abertas, dentro do programa Internet
nas Bibliotecas da Xunta de Galicia e Red.es do Ministerio. Con este sistema
poderás conectarte a Internet a través dun portátil ou
PC da túa propiedade en todo o edificio e 200 m. arredor do mesmo.
A través desta páxina, tamén atoparás o acceso
a unha grande cantidade de recursos en Internet, como bases de datos de balde.
No interior da Sala de Consulta atoparás, ademais, tres terminais.
Nun, destiñado ó OPAC local, poderás consultar os fondos
da biblioteca. A outra terminal é para consulta desta páxina
e dos seus enlaces e recursos. Posúe servicio de impresión.
Na sala infantil tamén contamos coa presencia dunha terminal para a
consulta do OPAC infantil e acceso a xogos educativos.
Tamén contamos cunha terminal informática do emprego, onde poderás
acceder a toda a información relativa a este campo que desexes