(OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DO PORRIÑO)
Guía da OMIX do Porriño (2008)
O carné xove é unha tarxeta persoal e intransferible coa que poderás acceder a unha morea de servicios, cultura, transportes, actividades, lecer, compras, etc. beneficiándote de amplas rebaixas por parte de establecementos e institucións. Por outra banda tamén poderás elixir a opción de usalo como tarxeta de crédito de Caixa Galicia.
Para
poder beneficiarte do Carné Xove deberás ter entre 12 e 25 anos
de idade (ambos incluídos) e pagar 5,4 € no banco ou caixa que
elixas entregando un impreso que se che facilitará na OMIX. Unha vez
pagado entregarás ese impreso na OMIX, xunto cunha foto tamaño
carné e unha fotocopia do D.N.I., cubrirás o impreso de solicitude
e o carné serache realizado ó momento.
Co Carné Xove terás un seguro de asistencia en viaxes, poderás participar en tódolos sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude, e terás unha montón de vantaxes nunha multitude de servicios. Ademais de descontos en transportes, albergues, museos, centros educativos, etc. que poden chegar ata o 50 %. No Concello de Porriño poderás desfrutar de rebaixas nos seguintes establecementos:
Calzados La Palma, R/ Ramón González,
13 (10 % desconto)
Tejidos y Hogar Elisardo, R/ Ramón González, 23 (10 % desconto)
Lencería Pilar Torres, R/ Ramón González, 25 (10 % desconto)
Óptica Alemana, R/Antonio Palacios, 7 (20 % desconto)
Droguería Horacio Barros, R/ Ramón González, 20 (10 % desconto)
Roupa Manuel Tomás, R/ Ramón González, 42 (10 % desconto)
Roupa Tío Tom, R/ Ramón González, 72: (10 % desconto)
Deportes González, R/ Ramiranes, 4 (20 % desconto, agás ciclismo)
Poli Sport Porriño, R/ Ramón González, 43 (15 % desconto)
Xoiería Lorenzo, R/ Ramón González, 58 (10 % desconto, agás Sargadelos e reparacións)
A OMIX do Concello do Porriño, en colaboración con distintas institucións, organiza campamentos de verán destinados á xuventude do concello. Entre estes campamentos destacan, pola súa demanda, os convocados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e os Campamentos de A Lanzada convocados pola Deputación de Pontevedra.