A Escola de Música Municipal do Porriño nace coa intención de fomentar os estudios musicais no concello, logrando acadar dende a súa fundación uns resultados altamente satisfactorios que se reflexan cada ano no aumento dos alumnos matriculados, na calidade das ensinanzas impartidas, na ampliación do programa de estudios e no aumento das actividades realizadas en relación coa Escola—concertos de Nadal, de Fin de curso, en festividades sinaladas, audicións periódicas, etc. Todos estes resultados son froito dun programa docente plantexado a medio e longo prazo, co que se espera conseguir uns resultados todavía máis salientables dos que xa no día de hoxe se acadaron coa colaboración de todos. Porque a Escola de Música Municipal ten as portas abertas a todo aquel que se quera achegar ata elas.

Os resultados acadados na Escola de Música Municipal do Porriño responden a un progresivo incremento dos tempos lectivos, xunto ó decidido apoio do Concello e á capacidade pedagóxica e o esforzo entusiasta do equipo de docentes. Doutra parte, o alumnado, desenvolvendo un incremento no tempo de dedicación ó estudio e á práctica das materias e instrumentos. Á máis das materias e asignaturas impartidas, relacionadas de seguido, merece a pena destacar outras actividades desenvoltas na Escola, como o son os festivais realizados polos propios alumnos en datas sinaladas e, sobre todo, as audicións que se soen realizar no auditorio do Centro Cultural Municipal. Nestas, e por diferencia ás audicións de clase “internas” - nas que se busca un obxectivo fundamentalmente pedagóxico dentro da función docente—preténdese trascender na busca dunha calidade de presentación que aspira ao fin artístico.

Concerto no Auditorio Municipal

Cursos:

Música e movemento (4 a 5 anos)

Música e movemento (6 a 7 anos)

Linguaxe musical—nivel elemental nenos (4 cursos)

Linguaxe musical—nivel elemental adultos (3 cursos)

Linguaxe musical—nivel medio preparatorio (1 curso)

Concerto no Auditorio Municipal

Instrumentos:

Piano

Gaita

Violín-Viola

Clarinete

Guitarra

Violonchelo

Percusión tradicional

Frauta traveseira

Frauta de pico

Trompeta

Trombón

Trompa

Saxofón

Imaxe dos máis novos da Escola

Materias (fixas)

Tódolos graos teñen a asignatura de linguaxe musical e instrumento Materias (dependendo dos cursos) Música activa (1º curso), Canto coral (2º e 3º curso) ou audicións comentadas (4º curso)

 

Corales (gratuito)

Coral de voces brancas (infantil). Para nenos/as dende os 6 ós 15 anos

Coral polifónica (xoves/adultos). A partir dos 16 anos

 

Descarga de arquivos

Os seguintes documentos en formato .doc teñen meramente carácter informativo e orientativo. Os documentos oficiais de preinscripción e matriculación deben ser recollidos e entregados nas Oficinas do Centro Cultural Municipal ou ben na Escola de Música Municipal.

 

Escola de Música Municipal de Porriño. R/ Domingo Bueno, 11. 36400, O Porriño

Para calquera información e consulta: Centro Cultural Municipal. R/ Domingo Bueno, 9. 36400, O Porriño. 986339708/986339708/986337624