A Concellería de Cultura do Concello do Porriño crea a Escola Municipal de Baile pretendendo fomentar esta actividade entre a xuventude máis moza da vila.

O baile é nuha disciplina na que a coordinación e o ritmo, a través dun exercicio suave e divertido, fomenta a seguridade e a confianza no individuo así como a capacidade creativa do neno, pero sobre todo, favorece a comunicación e o compañeirismo entre os nenos xa que se trata dunha actividade grupal e de parella.

Cabe destacar que a Escola Municipal de Baile, organizada pola Concellería e pola Escola de Baile Deportivo e de Competición "Pasos-Miguel e Enma" é totalmente de balde, e as clases son impartidas polos únicos profesores de baile titulados en toda Galicia, coa garantía que todo elo supón. Miguel Abreu e Enma López, á máis de ser a única parella titulada en Galicia para a docencia, son tamén a única parella de baile profesional de Galicia; forman parella dende 1998, ano en que decidiron probar sorte no mundo da competición e sorprenderon polos seus éxitos acadados, por exemplo, a novena posición no III Open French.

Na Escola Municipal de Baile impártense clases de iniciación á práctica de baile nas modalidades de Baile Latino (Chachachá, Samba, Ruma, Pasodoble e Jive) e Baile Standard (Vals inglés, Tango, Vals vienés, slow fox e quickstep), e están dirixidas en principio a xoves de entre 7 e 14 anos.

Os obxectivos cos que nace a escola son fundamentalmente formar parellas de baile de competición que representen ó concello porriñés en competicións a nivel nacional.

 

 

 

 

 

ESCOLA MUNICIPAL DE BAILE DO CONCELLO DO PORRIÑO:

 

LUGAR
MARTES: Centro Cultural Municipal de Torneiros
Centro Cultural A Forna de Budiño
XOVES: Pavillón Municipal de Deportes (Ximnasio)
HORARIO
MARTES: Centro Cultural Municipal de Torneiros 17,00-18,00 H
Centro Cultural A Forna de Budiño 18,30-19,30 H.
XOVES: Pavillón Municipal de Deportes 17,15-18,15 / 18,15-19,15 H
DURACIÓN DO CURSO
do 1 de outubro ó 30 de xuño.
PRAZO DE MATRÍCULA (gratuita)
do 19 de setembro de 2003 ó 15 de outubro de 2003 (matriculación nas oficinas do Centro Cultural Municipal, Tels: 986337624, 986339707, 986339708)
IDADES

De 7 a 11 anos - grupo xuvenil.
De 12 a 14 anos- grupo junior.

CONTIDO DO CURSO
Bailes Latinos: Chachachá, Samba, Rumba, Pasodoble, Jive
Bailes Standard: Vals Inglés, Vals Vienés, Slow Fox, Quickstep

 

Baixar a folla de inscrición