O Centro Cultural Municipal do Porriño abriu as súas portas en novembro do 1993 co fin de concentrar no seu espacio os servicios culturais institucionais do concello. Atópase situado na Rúa Domingo Bueno nº 9, e naceu como froito da rehabilitación por parte do arquitecto Carlos Andrés Vallejo das antigas "Escolas Graduadas", un magno edificio que fora levantado baixo as directrices do arquitecto coruñés Antonio López Hernández, a finais da década dos anos 20 do século XX e que acadara solventar a precariedade de infraestructuras escolares no Porriño de entón.

Centro Cultural MunicipalCon esta actuación acadouse concentrar nunha unidade espacial varios ámbitos de carácter cultural, entre os cales destaca a biblioteca e hemeroteca, un auditorio interior con 180 prazas de asento, una auditorio exterior, dúas salas de exposicións e unha sala de acceso a Interné, así como os servicios propios da Consellería de Cultura, como son as oficiñas de carácter administrativo e a Oficiña de Información Xuvenil.