Logo Biblioteca

Haruki Murakami
(Kioto, Xapón, 1949)

Murakami


Naoko tomou asento ao meu carón e apoiou o seu corpo conta o meu. Ao rodeala co meu brazo, reclinou a cabeza no meu ombro e rozou meu colo coa punta do seu nariz. Permaneceu inmóbil nesta posición como se estivera tomándome a temperatura. Abrazado a Naoko, sentín como se me caldeaba o corazón. Pouco despois, levantouse sen dicir palabra, abriu a porta e marchouse tan sixilosamente como chegara. (tomado de “Tokio Blues”)

A pesar de nacer en Kioto, viviu a maior parte da súa xuventude en Kobe. O seu pai era fillo dun monxe budista e a súa nai era filla dun comerciante de Osaka. Ambos ensinaban literatura xaponesa, o que amosa que Haruki creceu nunha familia empapada de cultura.
Haruki estudou literatura e drama grego na Universidade de Waseda (Soudai), centro do que se graduou no 1975 e onde coñeceu á súa esposa Yoko. O seu primeiro traballo foi nunha tenda de discos (tal como unha das súas personaxes principais, Toru Watanabe, de Norwegian Wood). Antes de terminar os seus estudos, Murakami abriu o bar de jazz “Peter Cat (Gato Pedro)” en Tokio, que funcionou entre 1974 e 1982. Nel empapouse de música anglosaxoa e de novela estadounidense (traducindo ao xaponés a literatos como Truman Capote ou Scott Fitzgerald). A finais da década dos setenta debuta como escritor cos libros Hear the wind sing (1979) e Pinball, 1973 (1980).
O seu título revelación a nivel internacional foi A caza do carneiro salvaxe (1982). Máis tarde, con algunhas novelas que usaban elementos máxicos, publicou A fin do mundo e a fin das marabillas do hampa (1985), Tokio Blues, Norwegian Wood (1987, existente na biblioteca) e Dance, dance, dance (1988), Ao sur da fronteira, ao oeste do sol (1992), Crónica do paxaro que da corda ao mundo (1994, existente na biblioteca), Underground (1997), Sputnik, o meu amor (1999), Kafka na beira (2002), After Dark (2004) e Sleep (2004).
Despois do seu trunfo comercial con Tokio Blues abandonou Xapón para vivir en Europa e América, pero regresou a Xapón no 1995 tras o terremoto de Kobe, onde pasou a súa infancia, e o ataque de gas sarín que a secta Aum Shinrikyo (A Verdade Suprema) perpetrou no metro de Tokio. Máis tarde Murakami escribiu sobre ambos sucesos. Así, a súa última novela en español é a comentada previamente Kafka na beira, historia sobre o destino co protagonismo dun mozo adolescente que abandona ao seu pai como así fixeran antes a súa nai e a súa irmán.
A ficción de Murakami, que a cotío é denominada literatura pop polas autoridades literarias xaponesas, é humorística e surrealista, e ao mesmo tempo reflicte a soidade e o ansia de amor nun modo que conmove aos seus lectores tanto orientais como occidentais. Cabe destacar a influencia dos autores aos que traduciu, como Raymond Carver, Francis Scott Fitzgerald, Raymond Chandler ou John Irving, aos que considera os seus mestres, ademais de Kurt Vonnegut, Dovstoievski e Dickens.
Moitas das súas novelas teñen ademais temas e título referidos a unha canción en particular, como Dance, dance, dance (de The Dells), Norwegian Wood (de os Beatles), e South of the Border, West of the Sun (de Nat King Cole), unha afección, a da música, que recorre toda a súa obra.
A finais do 2005, Murakami publicou unha colección de historias curtas chamada Salgueiro cego, muller durmida (existente na biblioteca), sendo a súa última obra After Dark.

Valid XHTML 1.0 Transitional