Logo Biblioteca

Belén Gopegui
(Madrid, 1963)

Gopegui


Acababa de recoller unha gravata e un pantalón da tintureiría. Ás nove estaba convidado a unha recepción na Fundación Kiev e non tiña que pórme. Aínda contando co pantalón e a gravata ía a custarme atopar unha camisa ben pranchada, unha chaqueta decente. Inquedo por este trivialidade entrei na cociña e acendín maquinalmente a radio. Mentres preparaba un café escoitei a nova. Ao principio nin sequera pensei que as dúas iniciais da moza L.B. de orixe cubano morta por azar nun tiroteo corresponderan a Laura Bahía. (tomado de “O lado frío da almofada”)

Belén Ruiz de Gopegui foi descrita por Francisco Umbral como a mellor novelista da súa xeración. É filla do científico aerospacial Luis Ruiz de Gopegui. Tras licenciarse en Dereito pola Universidad Autónoma de Madrid, iniciou a súa carreira profesional colaborando nas seccións literarias de diversos medios de prensa, entre eles o xornal El Sol, para o que realizou numerosas entrevistas.
No 1993 a editorial Anagrama publicou con gran éxito a súa primeira novela, A escalada dos mapas, que recibiu os premios Tigre Juan e o Iberoamericano Santiago del Nuevo extremo para autores noveles. A súa segunda novela, Tocarnos a cara, publicouse en 1995, tamén cunha grande acollida de público e crítica. A súa terceira novela A conquista do aire, publicouse en 1998 e foi adaptada ao cine no 2000 co título As razóns dos meus amigos por Gerardo Herrero.
Coa adaptación da súa novela ao cine, xunto con Ángeles González-Sinde, comezou a súa carreira de guionista: tamén con Ángeles González-Sinde escribiu o guión de A sorte durmida e xa en solitario realizaría o guión de O principio de Arquímedes, dirixida por Gerardo Herrero en 2004.
No mesmo ano de 2004 publicou O lado frío da almofada, novela que trata sobre a relación entre un diplomático estadounidense destinado en Madrid e intermediario nun trato con axentes da seguridade do Estado de Cuba e a súa contrapartida Laura Bahía, moza axente española de orixe cubano.
No 2005 aparece a súa primeira e única obra teatral, Coloquio, no libro coral Cuba 2005, en defensa da Revolución Cubana. No 2007 publicou a novela O pai de Brancaneves (existente na biblioteca) tamén na editorial Anagrama.
Dos seus libros ten sido eloxiada a madurez da súa prosa e das súas formulacións literarias, as estruturas narrativas tan orixinais, a brillantez das súas metáforas, onde asoma unha comprensión máis que superficial do mundo e do léxico científico e o seu carácter intimista e poético. A narrativa de Gopegui ofrece unha mirada reflexiva sobre o mundo.

Valid XHTML 1.0 Transitional