Logo Biblioteca

actividades — sen un can: producións de baixo orzamento

Sen un can

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO PARA O FESTIVAL DE CURTAMETRAXES CANS 08

Volvemos a colaborar este ano co Festival de Curtas de Cans cun ciclo de producións de baixo orzamento composto por tres películas, "Invisibles", "Bosque de sombras" e "Brick" que proxectaremos no auditorio do Centro Cultural (ás 21,00 horas) tódolos xoves de maio, agás o día 22 no que o Festival será presentado no CRC.

 

 

 

 

 

PROGRAMA

Invisiblesdía 8 de maio
INVISIBLES
Presentarán a película membros de Médicos sin Fronteras

Guiainvisibles

 

 

Tít. orixinal: Invisibles
Ano: 2007
Duración: 100 min.
País: España
Dirección: Isabel Coixet, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso, Javier Corcuera, Win Wenders
Guión: Isabel Coixet, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso, Javier Corcuera, Win Wenders
Música: Varios
Fotografía: Emili Guirao, Jordi Abusada, David Omedes, Alberto Venzago
Reparto: documental
Produción: Javier Bardem (Productora: Pinguin Films / Reposado PC)
Xénero: documental

Sinopse: Esta é unha historia de historias. Un achegamento a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que se quedaron mudos pola indiferenza. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero, sobre todo, é a vontade de cinco directores por facer visibles aos seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles.

As cinco historias son:

“Cartas a Nora” (Coixet) sobre as chagas, unha enfermidade infecciosa que afecta a millóns de pobres en Latinoamérica.

“Boas noites, Ouma” (León de Aranoa), sobre a dramática situación de miles de nenos en Uganda.

“Crimes invisibles” (Wenders), sobre a violencia sexual contra as mulleres do Congo.

“O soño de Bianca” (Barroso), sobre os problemas que hai na República Centroafricana para obter unha medicina.

“A voz das pedras” (Corcuera), sobre a situación dos desprazados en Colombia pola guerra entre o exército e a guerrilla.

 


Bosque de sombrasdía 15 de maio
BOSQUE DE SOMBRAS

Guiabosquedesombras

 

 

Tít. orixinal: Bosque de sombras (BackWoods)
Ano: 2006
Duración: 96 min.
País: España
Dirección: Koldo Serra
Guión: Koldo Serra
Música: Fernando Velázquez
Fotografía: Unax Mendía
Reparto: Gary Oldman, Paddy Considine, Aitana Sánchez-Gijón, Virgine Ledoyen, Lluís Homar, Yaiza Esteve, Andrés Gertrúdix
Produción: Filmax Entertainment / Monfort Producciones
Xénero: terror

Sinopse: Norte de España, finais dos 70, o verán máis cálido dos últimos anos. Norman (Paddy Considine) e Lucy (Virginie Ledoyen) son un matrimonio inglés que non atravesa o seu mellor momento. Unhas vacacións xunto a uns amigos, Paul (Gary Oldman) e Isabel (Aitana Sánchez-Gijón) pasa por ser a solución. Lonxe de Londres, o que se presenta coma un idílico fin de semana de natureza e caza no caserío recentemente comprado por Paul, non acabará como eles desexaran. O choque cultural cos do lugar encabezados por Paco (Lluis Homar) e o encontro fortuíto dunha casa abandonada, desencadeará unha espiral de violencia entre eles.

 

 

bRICKdía 29 de maio
BRICK

GuiaBRICK

 

 

Tít. orixinal: Brick
Ano: 2005
Duración: 119 min.
País: EEUU
Dirección: Rian Johnson
Guión: Rian Johnson
Música: Nathan Johnson
Fotografía: Steve Yedlin
Reparto: Joseph Gordon-Levitt, Lukas Hass, Nora Zehetner, Matt O´Leary, Noah Fleiss, Richard Roundtree, Emile de Ravin
Produción: Focus Features
Xénero: drama

Sinopse: Brendan Frye (Joseph Gordon-Levitt) é un estudante de instituto do sur de California de aguda intelixencia que non teme apoiar as súas palabras con accións si a situación o require. Non obstante, prefire manterse á marxe de todo ata que a súa ex noiva, Emily (Emilie de Ravin) volve inesperadamente á súa vida, ao parecer con problemas, para desaparecer sen deixar rastro pouco despois. Os seus sentimentos por ela aínda son profundos. Demasiado. De modo que, obsesionado por saber que foi do seu problemático amor, Brendan embarcarase nunha perigosa busca que o levará a descubrir os escuros segredos dos alumnos do seu instituto e a colisionar cos mundos de estañas personaxes.

VolverValid XHTML 1.0 Transitional