Logo Biblioteca

actividades — palabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez

 

Palabras liberadasPalabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez
é un proxecto que nace no berce da Biblioteca Municipal do Porriño co ánimo de acadar para a literatura outra canle de difusión: a través da música e da lectura en mans dos seus artífices, os nosos músicos, os nosos poetas, a nosa cultura. Hai palabras libres encerradas nos libros que poden e deben ser liberadas para facelas vida.

Palabras

 

Presentación
Lecturas e músicas
Créditos e agradecementos

( baixa o dosier informativo PDF 940 KB)

 

 

Presentación

A celebración do “Día das Letras Galegas” de 2008 está dedicada a Xosé María Álvarez Blázquez, escritor, editor literario e personaxe que contribuíu á conformación do canon literario galego, nas súas dúas facetas de alto divulgador e descubridor de textos.

O Concello do Porriño, a través da Biblioteca Municipal, comprometido coa labor de difusión de personaxes relacionados co mundo das letras, elabora esta obra na que, tomando como referente á figura de Álvarez Blázquez e contando coa presenza de escritores e músicos contemporáneos, se pretende sexa expresión dun canal de unión de toda unha tradición literaria e musical da nosa terra.

Pretendemos aumentar a presenza e visibilidade da Biblioteca do Porriño na comunidade á que serve, extraendo as palabras dos libros e a biblioteca dos seus muros, converténdoa nun epicentro cultural e educativo, quizais o noso obxectivo primario, principal e primordial.

Editamos este DVD, que por unha parte contén o recitado de escritores e, por outra, a interpretación musical versionada a mans de varios artistas de diferentes estilos musicais. O contido deste DVD será amplificado (ou amplificouse) en todo o centro urbano das rúas peonís porriñesas a través dun sistema de megafonía ao longo da semana do 12 ao 18 de maio de 2008, coincidindo co Día das Letras Galegas. Así, liberaremos as palabras no aire.

Propuxemos a unha selección de autores colaborar co noso proxecto. Buscamos reunir nun mesmo ámbito a todo este conxunto de personalidades que forman o universo da literatura actual, vinculándoo ao mundo da tradición en busca da figura de Álvarez Blázquez. Participaron nas lecturas os propios fillos do homenaxeado Alfonso, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo, ademais de Manuel Forcadela, Luz Pozo Garza, Román Raña Lama, Xavier Rodríguez Baixeras, Xavier Seoane, Marga do Val e Manuel Vilanova. Cada un deles escolleu dous poemas para recitar: un da súa propia obra e outro da obra de Xosé María Álvarez Blázquez. A biblioteca encargouse de xestionar e coordinar a gravación (visual e sonora) destas lecturas nun espazo afectivo tamén escollido por eles (destacar que Pepe Cáccamo recita no despacho do seu pai). Encabeza esta sección de recitados o propio Xosé María, cunha gravación de 1968 en Radio Nacional de España do seu poema “Ao ver que non tiñas nome” (do libro “Roseira do teu mencer”).

A parte musical desta actividade xira ao redor deste último poema, musicado polo compositor porriñés Ignacio Antonio Paz Valverde na mesma época: encabeza esta sección a gravación do mesmo, no 1969, por parte da Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Propuxémoslle, neste caso, a varias agrupacións musicais de diversos estilos que realizaran unha interpretación contemporánea de “Ao ver que non tiñas nome” e de “Era un airiño soave”: El Cubo, grupo de referencia do rock galego; Kedro (Óscar Rodríguez), representante da nova xeración de hip-hop acompañado polo DJ Kiko; Marcos Legazpi e JazzT (Javi Paz), acompañados pola voz de Marta Quintana que os interpretan en clave de música electrónica; e Uxía, que os filtra melodicamente unida á guitarra de Héctor Lorenzo e ao violín de Quim Farinha. O resultado foi certamente excepcional.

Entendemos que unha actividade destas características pode dar unha volta de torca á tradicional promoción da biblioteca e a literatura, normalmente asociadas á lectura, liberando as palabras dos libros e do límite físico da nosa institución, sacándoas á rúa, facéndoas son e imaxe. Hai palabras libres pechadas nos libros que poden ser liberadas, que poden acompañar ás xentes na súa vida cotián, sen necesidade de que estas teñan que realizar a voluntaria labor de ensimesmamento que require o exercicio da lectura. A literatura está viva, e non ten por que estar circunscrita nas páxinas pechadas de libros ordenados nos estantes, esperando a ser lidas. A Biblioteca do Porriño pretende que estas “palabras liberadas” se fagan oír por si mesmas, que acudan ás xentes antes de que as xentes acudan a elas e as acompañen no seu percorrer diario mentres van a comprar o pan, toman un café cos amigos ou xogan cos seus fillos nas prazas. Hai palabras libres encerradas nos libros que poden e deben ser liberadas para facelas vida.

Volver

 

 

 

 

Lecturas

Xosé María Álvarez Blázquez
- Ao ver que non tiñas nome (gravación de 1968 no programa “Poetas de Galicia” de Radio Nacional de España)
Palabras
(audio 699 KB)

 

 

Alfonso Álvarez Cáccamo
- Carta a Celso Emilio, novamente emigrado (XM Álvarez Blázquez)
- Nova carta ao meu pai.
PalabrasLiberadas
(audio 2,02 MB)

 

 

Celso Álvarez Cáccamo
- Golparro? (XM Álvarez Blázquez)
- Embora o meu corpo esteja aquí
PalabrasLiberadas
(audio 3,01 MB)

 

 

Xose María Álvarez Cáccamo
- Solpor. (XM Álvarez Blázquez)
- Voltei a entrar na casa.
PalabrasLiberadas
(audio 2,71 MB)

 

 

Manuel Forcadela
- Á leda entrada de Aquilino Iglesia Alvariño na vida (XM Álvarez Blázquez)
- Fotos
PalabrasLiberadas
(audio 1,97 MB)

 

 

Luz Pozo Garza
- O neno (XM Álvarez Blázquez)
- Como un anxo loitabas
PalabrasLiberadas
(audio 7,86 MB)

 

 

Román Raña Lama
- Aquil neno que eu fun (XM Álvarez Blázquez)
- Nada é Vigo
PalabrasLiberadas
(audio 2,22 MB)

 

 

Xavier Rodríguez Baixeras
- Os ácios (XM Álvarez Blázquez)
- Lugar dos soños
PalabrasLiberadas
(audio 3,38 MB)

 

 

Xavier Seoane
- Pol-o laranxal. (XM Álvarez Blázquez)
- A X. M. Álvarez Blázquez
PalabrasLiberadas
(audio 1,79 MB)

 

 

Marga do Val
- O cabalo (XM Álvarez Blázquez)
- Pacto co poeta
PalabrasLiberadas
(audio 4,50 MB)

 

 

Manuel Vilanova
- Saudade (XM Álvarez Blázquez)
- Xosé M. Álvarez Blázquez: in memoriam

PalabrasLiberadas(audio 2,06 MB)

 



Volver

 

 

 

 

Músicas

Era un airiño soave e Ao ver que non tiñas nome

Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural do Porriño [1969; director, Antonio Ignacio Paz Valverde]
PalabrasLiberadas
(audio 6,35 MB)

 


El Cubo
PalabrasLiberadas
(audio 3,57 MB)

 


Kedro (Óscar Rodríguez) con DJ Kiko
PalabrasLiberadas
(audio 2,54 MB)

 


Marcos Legazpi, JazzT (Javi Paz) e Marta Quintana
PalabrasLiberadas
(Era un airiño soave 3,74 MB)

 

PalabrasLiberadas(Ao ver que non tiñas nome 3,85 MB)

 


Uxía. Uxía (música), Héctor Lorenzo (Guitarra), Quim Farinha (violín), Héctor Lorenzo (arranxos).
Uxía aparece por cortesía de Harmonía Mundi (World Village)

PalabrasLiberadas(audio 3,77 MB)


Ilustracións do folleto: Berta Álvarez Cáccamo

Volver

 

 

 

 

 

Créditos e agradecementos

Edita: Concello do Porriño. Biblioteca Municipal
Idea e dirección: Albino Alonso Rodríguez e David Pérez Rego
Gravación imaxes e deseño DVD: Francisco Javier Pérez
Gravación musical e mesturas: Isaac Palacín

O Concello do Porriño, a través da Biblioteca Municipal, quere agradecer, pola súa participación e colaboración neste proxecto, a Alfonso Álvarez Cáccamo, Berta Álvarez Cáccamo, Celso Álvarez Cáccamo e Xose María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Luz Pozo Garza, Román Raña Lama, Xavier Rodríguez Baixeras, Xavier Seoane, Marga do Val e Manuel Vilanova; á Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural do Porriño [1969] e ao seu director Antonio Ignacio Paz Valverde, El Cubo, Kedro (Óscar Rodríguez), DJ Kiko, Marcos Legazpi, JazzT (Javi Paz), Marta Quintana, Uxía, Héctor Lorenzo, Quim Farinha e Harmonía Mundi (World Village); a Isaac Palacín e Francisco Javier Pérez, a Paula Alonso, Noelia de la Fuente, Mari Carmen Rivero e Fátima Rodríguez.
E a todas aquelas persoas que contribuíron a levar a cabo este proxecto dun xeito máis sinxelo.

 

Colaboradores

 

Volver D.L. C 1050-2008, © 2008, Concello do Porriño