centro
de interese "Ver mundo"
Para
viaxar tes varias opcións, como facelo en avión, en barco, en
coche ou en autobús: tamén podes ir a pe ou en bicicleta, iso
é o mellor. Pero si non tes gañas, tempo ou cartos para facelo,
un libro é, sen dúbida algunha, a mellor opción: podes
viaxar dende a túa casa, sen presa, sen riscos, sen últimas horas.
Na biblioteca do Porriño dámosche as dúas opcións
a través do centro de interese “Ver mundo”.
Tes guías de viaxes de tódalas xeografías do planeta (incluídas
as guías Lonely Planet), mapas e planos; e poderás levar contigo
guías de conversación e pequenos dicionarios de idiomas para as
cousas da linguaxe. Pero tamén proporcionámosche atlas para trazar
rotas co dedo, literatura de viaxes e roteiros por toda Galicia para os que
gusten máis das distancias curtas ou dos fins de semana. Se non viaxas,
que non sexa por nós...