centro
de interese "Gastronomía"
Creamos
un novo centro de interese na sala de consulta denominado “Gastronomía”,
onde incluímos libros relacionados cos alimentos e a forma de preparalos.
Incluímos as obras dos famosos televisivos: Arguiñano, José
Andrés, Paco Feixó, do programa “Cocina para 2” ou
da serie “Mujeres desesperadas”. Hai libros para novatos e “dummies”,
receitas para preparar en cinco minutos, no microondas, con latas, 400 receitas
por menos de 3 euros… Cociña para vexetarianos, para diabéticos,
para celíacos, cociña san, anti-aging e afrodisíaca. Se
os cociñeiros ou cociñeiras son nenos ou nenas: hai libros para
eles. Cociña galega, española, oriental, asiática, árabe…
Receitas de pinchos e ensaladas. Temos, no centro de interese “Gastronomía”,
obras para tódolos gustos, nunca mellor dito.