centro
de interese "Autoaxuda"
Incorporamos
ao noso fondo na sala de consulta un novo centro de interese relacionado co
tema de Autoaxuda, desenvolvemento persoal e exito. Decenas de títulos
para mellorar individual ou laboramente. Con este novo centro de interese xa
son 5 centros cos que contamos (SOS Nais e pais, Cómics de adultos, Gastronomía,
e Ver mundo), que proximamente irán incrementándose.
A organización de parte da nosa colección a través de centros
de interese ven dada pola consideración de que son unha das mellores
maneiras de achegar o noso fondo aos usuarios, facilitar a súa autosuficiencia
e ofrecer novas seccións temáticas, que pensamos poden ser do
seu interese.
A Biblioteca do Porriño aposta por este tipo de organización máis
viva e achegada aos gustos dos nosos usuarios, e paulatinamente irá creando
novas seccións temáticas.