actividades — como Cans e Ghatos
BIBLIOTECA
MUNICIPAL DO PORRIÑO PARA O FESTIVAL DE CURTAMETRAXES CANS 09
A Biblioteca Municipal do Porriño volve a colaborar este ano no Festival de Curtas de Cans (http://www.festivaldecans.com ) coa proxección de varias obras cinematográficas baixo o título xenérico de “Entre cans e ghatos”. Trátase de obras nas que se expresan relacións conflitivas interpersonais de variado tipo, que se proxectarán os xoves de maio a partir das 21,00 horas no auditorio da biblioteca. En concreto, o día 7 proxectarase “Unha historia verdadeira” do director David Lynch, o día 14 tocaralle o turno a “Propiedade privada” de Joachim Lafosse, e, por último, o día 28 de maio a película será “A longa viaxe”, do marroquí Ismaël Ferroukhi.
Día 7: Unha historia
verdadeira, de David Lynch
Día 14: Propiedade privada, de Joachim Lafosse
Día 28: A longa viaxe, de Ismaël Ferroukhi

PROGRAMA
día
7 de maio
UNHA HISTORIA VERDADEIRA
Tít. orixinal:
The Straight Story
Ano: 1999
Duración: 111 min.
País: Estados Unidos
Dirección: David Lynch
Guión: John Roach & Mary Sweeney
Música: Angelo Badamenti
Fotografía: Freddie Francis
Reparto: Richard Farnsworth, Sissy Spacek, Harry
Dean Stanton, Everett McGill, John Farley
Produción: Coproducción USA-Francia;
Le Studio Canal+ / Les Films Alain Sarde / Picture Factory & Film Four
Xénero: Drama. Road Movie
Sinopse: Alvin Straight ten 73 anos, é viúvo, vive en Iowa coa súa filla discapacitada Rose, padece un enfisema, ten problemas de visión e de cadeira e acaba de sufrir un brusco desfalecemento. O médico recrimínalle a súa mala alimentación e o pouco que coida da súa saúde. Cando aínda está convalecente e necesita dúas muletas para calquera desprazamento, recibe unha chamada que alerta do grave estado de saúde de Lyle, o seu irmán maior, con quen non se fala dende fai dez anos. Ao coñecer a noticia, Alvin decide emprender unha viaxe en solitario ata Wisconsin, onde vive Lyle, co único medio de transporte que ten ao seu alcance: unha segadora.
día
14 de maio
PROPIEDADE PRIVADA
Tít.
orixinal: Nue propiété
Ano: 2006
Duración: 92 min.
País: Bélxica
Dirección: Joachim Lafosse
Guión: Joaquim Lafosse, François
Pirot
Fotografía: Hichame Alaouie
Reparto: Isabelle Huppert, Jérémie
Renier, Yannick Renier, Kris Cuppens, Patrick Descamps, Rephaëlle Lubansu,
Sabine Riche, Dick Tuypens.
Produción: Coproducción Bélxica-Luxemburgo-Francia
Xénero: drama
Sinopse:
Grazas á posible venda da propiedade familiar, dos xemelgos que xa son
maiores deixan á súa nai divorciada e descobren a natureza dos
vínculos que os une. A proximidade é insoportable, o afastamento
imposible; a violencia invade o trío. Celosos e supersticiosos, os fillos
prohiben á súa nai vender a casa familiar. Desesperada pola ausencia
de liberdade, e animada polo seu amante, a nai deixa a propiedade. Ao longo
da súa ausencia, o careo entre os xemelgos estalla.
día
28 de maio
A LONGA VIAXE
Tít.
orixinal: Le grand voyage
Ano: 2004
Duración: 108 min.
País: Marrocos
Dirección: Ismaël Ferroukhi
Guión: Ismaël Ferroukhi
Música: Fowzi Gerdjou
Fotografía: Katell Djia
Reparto: Nicolas Cazalé, Mohamed Majd, Roxane
Mesquida, Kamel Belghazi, Jacky Nercessian, Ghina Ognianova
Produción: coproducción Marrocos-Francia
Xénero: drama. Road movie.
Sinopse: A longa viaxe narra a viaxe dun pai e o seu fillo dende o sur de Francia ata A Meca. Os dous pertencen a unha cultura na cal a comunicación entre ambos é difícil pero non imposible. O abismo entre eles (xeracional, cultural e lingüístico) é máis grande debido á súa condición de exiliados en Francia. Ao longo desta viaxe lograrán entender que é o que os separa pero tamén o que os une.