Logo Biblioteca

actividades — bibliopraza

BiblioprazaTódolos xoves e venres de maio e xuño de 2008, entre as 17,00 e 20,00 horas, a biblioteca instalará unha bibliopraza na Praza do Concello da nosa localidade. Cun mobiliario composto por cadeiras, mesas, parasoles, etc. a biblioteca creará un espazo axeitado nas rúas peonís, saíndo dos seus muros e sacando os seus libros á rúa para que os porriñeses gozen da climatoloxía que anuncia o inicio do verán sen que por iso teñan que deixar de aproveitar os servizos da biblioteca. A selección de obras que se trasladarán á bibliopraza estará composta por literatura (narrativa, poesía e teatro), ensaio e obras infantís, incluíndo unha boa selección de cómics.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliopraza

Bibliopraza2

Bibliopraza3
A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visita a bibliopraza

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional