Logo Biblioteca

actividades — concurso de fotografía 2009"O pracer de ler"

O pracer de lerO PRACER DE LER 2009

A Biblioteca do Porriño quere agradecer a súa participación a todas as persoas que enviaron as 380 fotografías concursantes a 'O Pracer de ler 2009'. Recibimos fotografías de toda España e tres continentes distintos, e o xurado manifestou o gran nivel acadado nesta edición polas fotografías participantes. Moitas grazas a todas e todos.

O Xurado co concurso O pracer de ler 2009, composto por:

Eva Carrera González
Agar Fernández Bautista
Martina Fernández Troncoso
Mº Luisa González Fontaíña

Francisco Javier Pérez Rego
Nuria Punzón Rodríguez
Fátima Rodríguez Sío
Manuel Sánchez Díaz

 

Ditaminou que a fotografía gañadora é "Literacy for all" obra de Sudipto Das, de Calcuta (India). Nela se retrata como un conxunto de mulleres dunha vila rural de Bengala do Leste toman parte nun programa de alfabetización de adultos:

 

As fotografías finalistas foron as seguintes:

PL 43

PL 48

PL 78

PL 160

PL 273

PL 277

PL 346

PL 5

PL 16

PL 24

PL 44

PL 45

PL 88

PL 110

PL 114

PL 118

PL 158

PL 163

PL 164

PL 200

PL 222

PL 243

PL 253

PL 262

PL 276

PL 309

PL 357

PL 379

Podedes visitar a galería virtual con todas as fotografías participantes neste enlace.

BASES:

Co motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2009, a Biblioteca Municipal do Porriño convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade.

TEMÁTICA
- A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, lectura e do libro, primando a idea que emana do propio nome do concurso "O pracer de ler”.

PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en concurso único tódalas persoas que así o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, de dimensións libres, pero sempre en formato dixital e por correo electrónico.

- As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.

FORMA DE PRESENTACIÓN
- As fotografías enviaranse por correo electrónico á dirección biblioteca@centroculturalporrino.com como arquivo achegado, incluíndo no apartado “Asunto” a especificación “O Pracer de ler 2009”.

- No corpo da mensaxe incluiránse os datos: nome completo do autor, enderezo postal, número de teléfono, data de nacemento e DNI.

- Só se admitirá unha fotografía por cada correo, en formato JPEG/JPG de tamaño non superior a 2 megas. Cada autor poderá enviar os correos que estime oportunos.

PRAZO DE ENTREGA
- O prazo máximo de recepción das fotografías será as 12,00 horas do día 13 de setembro de 2009.

XURADO E FALLO:
- O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por teléfono.


PREMIO:

- Concederase un único premio de 600 €. sometido á retención que exprese a lei. No caso de que o gañador sexa menor de idade na data de remate de presentación das fotografías, substituirase o diñeiro por un agasallo (cámara dixital e/ou material fotográfico) dun valor aproximado.

EXPOSICIÓN:
- Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición virtual na páxina web da biblioteca http://www.centroculturalporrino.com/BIBLIOTECA.htm.

DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA:
- De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede á Biblioteca Municipal do Porriño, co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.

- A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso e da biblioteca, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.

ACEPTACIÓN DAS BASES:
- A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.

 

bases en PDF (13,4 KB)

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional