actividades — concurso de fotografía 2008 "O pracer de ler"
O xurado do concurso, composto por:
- Eva Carrera González, deseñadora
- Martina Martínez Troncoso, deseñadora
- Manuel Sánchez Díaz, xornalista
- Germán Lorenzo Fernández, fotógrafo profesional
- Agar Fernández Bautista, artista e deseñadora
ditaminou hoxe que a gañadora de 600 € no concurso de fotografía “O pracer de ler, 2008” é Mª Luisa González Fontaíña, natural de Vigo, que participou baixo o lema “El repartidor de sueños”, coa fotografía “s/t”. Agradecemos a todas e todos formar parte desta nova edición do concurso que pulverizou as anteriores marcas de participación. A exposición con todas as fotografías participantes está aberta ao público na primeira planta da biblioteca.
![]() |
![]() |
Exposición |
Fotografía
gañadora |
Co
motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2008,
a Biblioteca Pública do Porriño convoca un concurso de fotografía
que ten como como obxecto a promoción da lectura e a dinamización
da referida festividade. O premio único será de 600 €
BASES DO CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA
“O PRACER DE LER 2008”
(bases
en PDF)
Co motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2008, a Biblioteca Municipal do Porriño convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade.
TEMÁTICA
- A temática das fotografías a presentar versará sobre
calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, lectura e do libro, primando
a idea que emana do propio nome do concurso "O pracer de ler”.
PARTICIPANTES
E FOTOGRAFÍAS
- Participarán en concurso único tódalas persoas que así
o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías
que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en
cor ou branco e negro, de calquera tamaño, pero sempre nun soporte físico.
- As obras deberán
ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas
ou seleccionadas noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos
que poidan posuír terceiros.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía
irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén
acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora
e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo, número
de teléfono e número do DNI.
LUGAR E PRAZO
DE ENTREGA
- As fotografías entregaranse nas oficinas da biblioteca municipal R/
Domingo Bueno nº 9, 36400 O Porriño – Pontevedra, en horario
de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do venres 11 de
abril ás 21,00 h.
XURADO E FALLO:
- O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do
Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado darase
a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente
ao gañador por teléfono.
PREMIO:
- Concederase un único premio de 600 €. sometido á retención
que exprese a lei. No caso de que o gañador sexa menor de idade na data
de remate de presentación das fotografías, substituirase o diñeiro
por un agasallo (cámara dixital e/ou material fotográfico) dun
valor aproximado.
EXPOSICIÓN:
- Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición
nas instalacións da biblioteca en datas por determinar entre abril e
outubro de 2008.
DEREITOS PATRIMONIAIS
DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA:
- De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía
premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede
á Biblioteca Municipal do Porriño, co carácter de exclusividade,
os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS:
- A presentación dunha fotografía a este concurso supón
a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato
que se estime necesario para a divulgación do concurso e da biblioteca,
especialmente no referido á súa promoción, difusión,
comunicación e exhibición, incluídos exposicións,
catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas
poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola
súa conta e pasado 1 mes da finalización da exposición
do concurso. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte,
devolveranse a portes debidos.
ACEPTACIÓN
DAS BASES:
- A participación neste concurso supón a aceptación total
das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir
calquera eventualidade non prevista nelas.