Logo Biblioteca

actividades — Arte mural en homenaxe a X.M. Álvarez Blázquez

Alvarez BlazquezNo marco do Día das Letras Galegas e do homenaxe ao escritor Xosé María Álvarez Blázquez, uns de 200 alumnos de 3º e 4º de ESO do Instituto porriñés Ribeira do Louro, pintaron catro murais de tela de 8 x 3 metros de tamaño cada un, no céntrico Parque Infantil. Estes murais, con motivos que recordan a figura do escritor e a celebración do Día das Letras Galegas, foron posteriormente instalados na fachada dianteira do Centro Cultural Municipal, onde se atopa a biblioteca.
Esta iniciativa destaca pola importancia do coñecemento da figura de Xosé María Álvarez Blázquez, ademais de favorecer o traballo en equipo e as relacións entre os alumnos. Estes murais, de gran impacto visual, permanecerán instalados ao longo de todo o mes de maio, servindo así como un perfecto recordatorio desta festividade.

 

 


 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional