actividades — exposición As bases da banda
Inauguramos
hoxe, 1 de abril de 2008, a exposición sobre banda deseñada "As
bases da banda", creada pola Asociación Cultural BD Banda para achegar
a historia do cómic a todos e expoñer os traballos dos autores
galegos, que están vivindo un momento de eclosión. Esta mostra
contén 10 paneis de grandes dimensións onde de desenvolven varios
temas en relación con este tipo de creación, e onde se explica
dende que é a banda deseñada, pasando pola súa historia,
a linguaxe empregada, a realización de guións e estilos de debuxo,
xunto cunha serie de recomendacións a lectores e escritores por parte
do colectivo. Esperamos que a disfrutedes e que sirva, de novo, como un axeitado
complemento á nosa Comicteca.