actividades — contos no camiño
Dende
o martes 20 ata o venres 23 desenvolverase a campaña "Contos no
camiño", organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
en colaboración con OQO Editora e a Biblioteca do Porriño. Os
rapaces e rapazas de1º e 2º de primario dos nosos centros escolares
descubrirán - a través de sesións que mesturan narración
oral e audiovisual - como os peregrinos, no seu camiñar, traían
consigo a lingua, a cultura e a palabra da súa lugar de orixe.
O fío condutor son os contos populares de distintos países. A
través dos relatos narrados, a música e as imaxes, os cativos
recorrerán as distintas rutas xacobeas, facendo fincapé nos valores
da convivencia entre culturas.
Como remate da actividade os nenos e neas elaborarán oito cadernos -
un par cada Rota Xacobea - nos que deixarán a súa pegada, coma
mostra por ter participado nesta viaxe colectiva. Ao longo das sesións
irase formando un camiño cada vez máis grande que, no remate das
actividades, exporase no Museo do Pobo Galego en Santiago.