Logo Biblioteca

actividades — que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros! 2008

 

Cesta de nadal 2008A Biblioteca Municipal do Porriño volve a convocar por segundo ano o concurso “Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!”. Dende o luns 1 de decembro, ata o xoves 8 de xaneiro, as usuarias e usuarios da biblioteca serán agasallados cunha participación gratuíta para o concurso con cada préstamo a domicilio que efectúen. Será ese xoves de xaneiro, cando Lúa ConLuvas, a popular contacontos da biblioteca, exerza como “man inocente” dando a coñecer o gañador ou gañadora da cesta de Nadal. A cesta está composta dunha ampla relación de libros de distintas materias (narrativa, poesía, pintura, historia, obras de divulgación…) para todas as idades. A biblioteca pretende ofrecer como agasallo aos seus usuarios e usuarias unha colección de obras para ler ao longo de todo ano entre toda a familia, empregando este tipo de populares sorteos, máis propios doutros ámbitos e sectores, como un factor dinamizador máis dos seus servizos.


 

 

 


VolverValid XHTML 1.0 Transitional