actividades — que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!
O premio da cesta foi gañado por BREIXO NOGUEIRAS SÁNCHEZ
A
Biblioteca Municipal do Porriño convoca o concurso “Que mellor
cesta de Nadal que unha chea de libros!”. Dende o luns 17 de decembro,
ata o xoves 3 de xaneiro, as usuarias e usuarios da biblioteca serán
agasallados cunha participación gratuíta para o concurso con cada
préstamo a domicilio que efectúen. Será ese xoves de xaneiro,
cando Lúa ConLuvas, a popular contacontos da biblioteca, exerza como
“man inocente” dando a coñecer o gañador ou gañadora
da cesta de Nadal. A cesta está composta dunha ampla relación
de libros de distintas materias (narrativa, poesía, pintura, historia,
obras de divulgación…) para todas as idades valorada nuns 400 €.
A biblioteca pretende ofrecer como agasallo aos seus usuarios unha colección
de obras para ler ao longo de todo ano entre toda a familia, empregando este
tipo de populares sorteos, máis propios doutros ámbitos e sectores,
como un factor dinamizador máis dos seus servizos.
Lúa ConLuvas, como man inocente, saca a papeleta gañadora da caixa