Rabindranath Tagore
(India, 1861-1941)

Se non falas, encherei o meu corazón do teu silencio, e tereino comigo.
E agardarei, quieto, como a noite no seu desvelo estrelado, fundida pacentemente
a miña testa.
Virá sen dúbida a mañán. Desvanecerase a sombra,
e a túa voz derramarase por todo o ceo, en regatos de ouro.
E as túas verbas voarán, cantando, de cada un dos meus niños
de paxaros, e as túas melodías estallarán en flores, por
tódalas miñas profusas enramadas.
Poeta
e filósofo indio, premio Nobel, que contribuíu a estreitar o entendemento
mutuo entre as civilizacións occidental e india. O seu nome en bengalí
é Ravindranatha Thakura e naceu en Calcuta no seo dunha familia acomodada,
fillo do filósofo Debendranath Tagore. Comezou a escribir poesía
de neno e publicou o seu primeiro libro ós 16 anos. Despois dunha breve
estancia en Inglaterra (1878) onde estudiou Dereito, volveu á India,
e pronto se convertiría no autor máis famoso e importante da época
colonial. A poesía domina a reputación literaria de Tagore, pero
tamén escribiu novelas, ensayos, historias curtas, diarios de viaxe,
teatro e numerosas cancións. No 1929, con 68 anos, comezaría a
pintar. Internacionalista decidido e educador, no 1901 fundaría na súa
propiedade bengalí a escola Santiniketan, para a ensinanza dunha
mezcla de filosofías orientais e occidentais, que no 1921 se convertiría
na Universidade Internacional Visva-Bharati. Tamén viaxou e
deu conferencias por todo o mundo. A súa obra, escrita en lingua bengalí,
moi imaxinativa e profundamente religiosa, está impregnada polo seu mor
ó rei Jorge V que o nomeou cabaleiro, título ó que renunciou
tras a matanza de Amritsar no 1919, cando as tropas británicas mataron
a 400 manifestantes indios.
Ó longo da súa vida, Tagore mantivo múltiples contactos
con outros intelectuais do seu tempo, incluíndo a Henri Bergson, Albert
Einstein, Robert fross, Mahatma Gandhi, Thomas Mann, George Bernard Shaw, H.
H. Wells ou Romaní Rolland. Particularmente sonado foi o seu encontro
con Einstein na casa deste en Berlín, no 1930.
Da prosa de Tagore, quizáis as obras que se teñen máis
en consideración son as súas historias curtas. É considerado
pioneiro en escribir historias breves en bengalí, sempre cunha prosa
rítmica, a cotío ata o punto de ser poética, e cuxa principal
temática son as vidas da xente corrente. Comezaría a escribir
historias curtas con tan só dezaseis anos, comezando por Bhikharini
(A mendiga). Os catro anos entre 1891-1895 son definidos polos historiadores
como o periodo “Sadhana”, destacando entre os traballos desta época
a metade das historias contidas nos tres volúmenes do Galpaguchchha,
unha colección de 84 historias. Tagore solía asociar estas primeiras
historias cunha exuberante vitalidade e espontaneidade; estas características
estaban intimamente relacionadas coa vida de Tagore nos pobos de, entre outros,
Patisar, Shajadpur ou Shilaida, mentres xesitonaba as amplas propiedades familiares.
A nosa biblioteca conta nos seus fondos coas obras de Tagore A
Casa e o mundo e Gora.