Carmen Posadas
(Montevideo, 1953)

Isaac Tonñu non se chamaba así. O seu verdadeiro nome era Isaac
Newton, pero ao chegar a España dende o seu Belice natal, decidira inverter
as sílabas do seu apelido: Tonnew ou, mellor dito, Tonñu, soaba
menos foráneo e dende logo moito máis acorde co seu metro oitenta
e nove de carnes pretas, morenas. E tamén se prestaba a menos burlas,
aínda que el nunca tolerara unha; Isaac Newton ou Isaac Tonñu
sabía defenderse. (tomado de “Xogo de nenos”)
Escritora
hispano-uruguaia residente en España. Filla dun diplomático e
unha restauradora, é a primoxénita de catro irmáns, tres
nenas e un neno. Viviu en Uruguai ata os 12 anos, onde a causa da profesión
do seu pai debe trasladarse a Arxentina, España, Inglaterra (onde va
ao colexio) e Rusia. Comeza os seus estudos universitarios na Universidade de
Oxford e os abandona no primeiro curso para casarse con Rafael Ruiz de Cueto.
Deste matrimonio terá dúas fillas, Sofía (1975) e Jimena
(1978). Cásase en segundas nupcias con Mariano Rubio. En 1985 adquiriu
a dobre nacionalidade uruguaia e española. Presentou en 1988 o programa
de Televisión Española Entre líneas.
Comeza a súa carreira literaria escribindo literatura infantil e xuvenil
en 1980, que prosegue ata 1987. A destacar no 1984, o seu libro O
señor Vento Norte , que gañou o Premio Nacional
de Literatura á mellor edición, e no 1986 Kiwi
(existente na biblioteca). O seu primeiro traballo máis alá
do xénero infantil será Escena improbable,
en colaboración con Lucrecia King-Hedinger. Escribe guións de
cine e televisión e dous ensaios satíricos; Yuppies,
jet set, a movida e outras especies (existente na biblioteca),
e un ano máis tarde saca O síndrome de Rebeca: guía
para conxurar fantasmas. Dende ese momento, Posadas irá
alternando conto e novela.
En 1991 publica o ensaio Quen te viu e quen te ve!
e en 1995 a novela Cinco moscas azules. En 1997 escribe
a colección de contos Nada é o que parece.
Ao ano seguinte obtén o Premio Planeta con Pequenas infamias
(existente na biblioteca). No ano 2002, a revista Newsweek destacou a Carmen
Posadas como unha das autoras latinoamericanas máis destacadas da súa
xeración. Cando as cousas comezan a tomar un rumbo claramente ascendente
para Posadas, as mortes do seu pai e do seu marido en 1999 supoñen un
duro mazazo para a escritora, que confesa non terse recuperado aínda.
No ano 2001 publicou A Bella Otero, que pronto será
levada ao cine. En 2002 publica un recompilatorio de artigos, A
hernia de Viriato: Recetario para hipocondriacos, escrito en colaboración
coa súa filla Sofía. No 2003 aparece O bo servinte
(existente na biblioteca), e no ano 2001 Á
sombra de Lilith, en colaboración con Sophie Courgeon.
Ambas obras foron recibidas pola crítica e o público con igual
favor que as súas obras anteriores.
En conxunto, os seus libros foron traducidos a vinteún idiomas e pódense
atopar nas librerías dunha cincuentena de países.
Existe unha biografía autorizada sobre a autora que se chama Carmen
Posadas. Unha historia por contar, na que se recollen todos os
anos da súa vida dende o seu nacemento ata a actualidade. Foi escrita
por Moisés Ruiz, profesor da Universidade Europea de Madrid, da que Posadas
é membro do Consello Asesor Universitario. Esta é a primeira vez
que a escritora pasa a ser a protagonista das propias páxinas dun libro.
As súas últimas novelas son Xogo de nenos
(2006, existente na biblioteca) e Literatura, adulterio e
unha tarxeta Visa platino (2007).
A nosa biblioteca tamén conta coas
obras Unha cesta entre os xuncos (1980),
O Cazador e o pastor (1980), O
pastor que chegou a ser rei (1980), O
neno de Belén (1980) e O mozo
da túnica de cores (1980).