John Le Carré
- David John Moore Cornwell -
(Gran Bretaña, 1931)

O día no que o seu destino reapareceu para reclamalo, Ted Mundy lucía
un bombín e se mantiña en equilibrio sobre unha tarima improvisada
en cada un dos castelos bávaros de Luis, o rei tolo. Non era un bombín
clásico, senón algo máis propio de Laurel e Hardy que de
Savile Row. Non era un sombreiro inglés, pese a que el levaba a bandeira
británica, bordada en seda oriental, no peto superior da deslucida chaqueta
de tweed. No interior da copa, a etiqueta do fabricante declaraba que era obra
dos señores Steinmatzky e Fillos, de Viena. E posto que o sombreiro non
era seu – como se apresuraba a explicar a calquera desventurado, a ser
posible muller, que se convertese en vítima da súa infinita accesibilidade-,
tampouco era unha forma de auto punición. Este sombreiro é atributo
do cargo, señora – insistía, desculpándose locuazmente
cun discurso ben ensaiado que recitaba de carreirilla -. Un tesouro histórico,
que me seu concedeu ao longo dun breve tempo por xeracións de anteriores
titulares do posto, estudosos, poetas, soñadores, clérigos errantes
e todos nós, do primeiro ao último, leais servidores do defunto
rei Luis (tomado de “Amigos absolutos”)
Novelista británico e mestre do thriller político. Le Carré, seudónimo de David John Moore Cronwell, estudou nun internado privado e completou a súa formación nas universidades de Berna e Oxford, onde obtivo a licenciatura en Linguas Modernas. Deu clase en Eton por espazo de dous anos (1956-1958) e despois ingresou no corpo diplomático (1960-1964). Le Carré escribiu unha serie de novelas de gran éxito sobre o turbio mundo dos servizos secretos, consideradas hoxe coma perspicaces documentos do clima reinante ao longo do periodo da Guerra Fría. A súa primeira novela foi Chamada para o morto (1961), levada ao cine baixo o título de Un asunto perigoso en 1967. Nesta novela aparece por primeira vez a súa personaxe máis famosa, George Smiley, protagonista dalgunhas das súas obras posteriores. A continuación publicou Asasinato de calidade (1962) e O espía que xurdiu do frío (1963, existente na biblioteca), novela que o lanzou á fama e foi galardonada co Premio Somerset Maugham, e o Crime Writer´s Association Gold Dagger Award. A toupa (1974, existente na biblioteca), A xente de Smiley (1980, existente na biblioteca) e O espía perfecto (1986) se transformaron en series de televisión. A moza do tambor (1983), unha novela sobre a causa da liberación palestina, e A casa Rusia (1989), inspirada nunha visita á Feira do Libro de Moscova cara o fin da Guerra Fría, se converteron tamén en películas de éxito. O peregrino segredo (1991), O infiltrado (1993), O noso xogo (1995) e O xardineiro fiel (2001, existente na biblioteca), poñen de manifesto a intención de Le Carré de seguir escribindo sobre as personaxes e escenarios do mundo da espionaxe incluso tras a fin da Guerra Fría. A nosa biblioteca conta tamén coa súa obra Unha pequena cidade de Alemaña (1968) e a súa última publicación, A canción dos misioneiros (2006).