Marguerite Yourcenar
(Francia, 1903-1987)

“O sufrimento é un.
Fálase do sufrimento como se fala do pracer, pero fálase deles
cando xa nos dominan. Cada vez que entran en nós, sorpréndennos
como unha sensación nova e temos que recoñecer que os esquecéramos.
Son diferentes porque nós tamén o somos: entregámoslles
cada vez un alma e un corpo modificados pola vida. E, sen embargo, o sufrimento
non é máis que un. Non coñeceremos del, como non coñeceremos
do pracer, máis que algunhas formas, sempre as mesmas, das que estamos
presos. Habería que explicar isto: a nosa alma, supoño, non ten
máis que un teclado restrinxido e anque a vida teimese en facelo soar,
soamente poderá obter dous ou tres pobres notas” (tomado de “Alexis
ou o tratado do combate estéril”)
Poetisa,
novelista, dramaturga e tradutora fancesa. Naceu en Bruxelas, Bélxica,
de pai francés e nai belga. En 1947 adoptou a nacionalidade estadounidense,
pero escribiría soamente na lingua francesa. O seu primeiro volume de
poemas, O xardín das quimeras (1921), pon de
manifiesto o seu refinamento como escritora, nel reinterpreta os mitos gregos
co fin de adaptalos ó mundo moderno. A súa primeira novela, Alexis
ou o tratado do home estéril (1929), relata as opinións
dun artista que tenta adicarse á súa obra, pero tropeza coa oposición
da súa familia. A súa viaxe a Italia inspirou a súa novela
Denier du rêve (1934), onde establece a diferencia
entre o sono e a realidade. No 1934 Yourcenar coñeceu á estadounidense
Grace Frick, con quen entablou unha profunda relación. No 1939, tras
o estalido da II Guerra Mundial, Tourcenar trasládase a EE.UU., onde
deu clases de Literatura Comparada no Sarah Lawrence College. Traduciu
ó francés As ondas, de Virginia Woolf no 1937, e tamén
publicou no 1947 unha tradución francesa de O que Maisie sabía,
do escritor Henry James.
A súa novela más sonada, unánimemente eloxiada pola crítica,
foi Memorias de Adriano (1951), unha autobiografía
novelada do emperador romano, baixo a forma de cartas escritas por este ó
seu sobriño. Outra novela histórica, Opus NIgrum
(1968, existente na biblioteca), narra a extraordinaria vida dun médico
imaxinario, Zeno de Bruxas. Esta novela obtivo o premio Femina en 1968. En 1971
publica Teatro, que inclúe as súas obras
teatrais en dous volumes. Tamén escribiu biografías sobre a súa
primeira vida familiar, Mishima ou a visión do baleiro
(1981), e ofreceu unha serie de entrevistas sobre a súa vida e a súa
obra publicadas baixo o título de Les Yeux ouverts: entretiens
avec Matthieu Galey (1980). O estilo literario de Yourcenar transfórmase
en cada unha das súas obras, aceptando sempre novos retos como escritora.
Sen embargo, a súa literatura caracterízase polo seu coñecemento
das civilizacións antigas e da historia, e o seu afán por comprender
as motivacións humanas. No 1980 Yourcenar converteuse na primeira muller
que ingresa na Academia Francesa. En 1986 foi galardonada coa Lexión
de Honor.
A nosa biblioteca tamén conta coas obras Conto azul
(1938), Ana, Soror (1981) e Como
se salvou Wang-Fô.