Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Boris Vian
(1920-1959)

Vian

"A cen pasos, a estructura gris da máquina desollaba o ceo e o cercaba de triángulos inhumanos. O mono de Shapir Lazuli, o mecánico, axitábase como un gran abellón pardento preto do motor. Shapir estaba dentro do mono. Wolf chamouno dende lonxe e o abellón incorporouse e resoplou" (tomado de A herba vermella)

Novelista e dramaturgo francés nacido en París, foi, ademais, poeta, músico de jazz, enxeñeiro, inventor, periodista e traductor, e un dos raros escritores que ten deixado tras de si, ós poucos anos da súa morte, toda unha lenda. Estaba dotado dunha personalidade polifacética e rica, ávida, vital e artística. A súa actividade coma chansonnier e crítico de jazz, xunto coa súa producción literaria, elevárono a símbolo da vida bohemia de Saint-Germain-des-Prés no período de entreguerras. Foi un grande admirador de Alfred Jarry, do cal empregou a súa Patafísica - ou ciencia das solucións imaxinarias - nunha rebelión cómica contra a filosofía positivista. Asinou as súas novelas con pseudónimos, en especial co nome de Vernon Sullivan, que, por exemplo, aparece no seu thriller ó estilo americano, Escupiré sobre vuestra tumba (1946, existente na biblioteca). As súas obras mestras son A escuma dos días (1947, existente na biblioteca), unha desgarradora historia de amor que segue tendo actualidade; O outono en Pekín (1947), O Arrincacorazóns (1953) ou A herba vermella (1950, existente na biblioteca), a máis autobiográfica de todas, onde sae á caza das súas propias pantasmas, superando as fronteiras da realidade e dos soños. As súas obras de teatro, valiosas contribucións ó teatro do absurdo, presentan diálogos inconexos e conductas incomprensibles, que delatan a natureza absurda da existencia humana; L'équarrissage pour tous, representada por vez primeira no 1950, é unha comedia negra que ten lugar nun matadoiro en 1944; Os constructores do imperio, estreada en 1959, é unha especie de traxedia burlesca na que unha familia é conducida lentamente escaleiras arriba na súa propia casa por unha estraña e silenciosa personaxe, Schmürz. Vian morreu dun ataque de corazón ós 39 anos de idade.

Valid XHTML 1.0 Transitional