escritor@s da semana
Robert Louis Stevenson
(Gran Bretaña, 1850-1894)

E á terceira repetición do coro, empurrou as barras do cabrestante
ó fronte deles con grande brío. Máis aínda naquel
momento de excitación, ese canto lúgubre trasládame coa
imaxinación, nun segundo, á miña vella pousada do Almirante
Benbow, na cal oía de novo a voz daquel capitán sobresaíndo
sobre o coro enteiro. Pero moi cedo o ancla estaba xa fora e deixábase
colgar, escurrindo xunto á proa. Pronto se erizaron tamén as velas,
que comezaron a incharse suavemente coa brisa, e as costas e os buques comezaron
a desfilar antes os meus ollos dun e doutro lado, de tal maneira que, antes
de que houbera ido a buscar no sono unha. (tomado de "A Illa do Tesouro”)
Novelista
e poeta, algunhas de cuias obras convertéronse en clásicos da
literatura infantil. Naceu o 13 de novembro de 1850 en Edimburgo. Fillo dun
enxeñeiro, estudou tamén esta profesión e máis tarde
leis, na Universidade da súa cidade natal. Dende neno, sen embargo, sempre
sentira unha especial inclinación cara a literatura, ó que o influiría
máis tarde para adicarse ás letras, e foi perfeccionando o seu
estilo de tal xeito que en poucos anos se sitou entre os escritores máis
destacados do seu tempo.
Enfermo de tuberculose, viiuse
obrigado a viaxar continuamente na busca de climas axeitados ó seu delicado
estado de saúde. Os seus primeiros libros son descricións dalgúns
destes viaxes. Así, por exemplo, Viaxe terra adentro (1878).
A populariedade de Stevenson baseouse fundamentalmente nos emocionantes argumentos
das súas novelas fantásticas e de aventuras. A
illa do tesouro (1883, existente na biblioteca), unha
trepidante historia acerca da busca dun tesouro soterrado, presenta o ben baixo
a forma evidente dun rapaz, Jim, que debe descubrir por si mesmo a cara do ben
e do mal entre os seus bondadosos amigos, e o mal personificado aparentemente
nos piratas Pew e Long John Silver. Na alegoría moral en forma de historia
de misterio, O estrano caso do doutor Jeckill e mister Hyde
(1886, existente na biblioteca), os dous estremos, o ben e o mal, únense
nunha soa persona, o médico Henry Jeckill, que descobre unha substancia
química capaz de transformalo, primeiro a vontade e despois incontroladamente,
no monstruo Hyde. Entre as súas novelas de aventuras destacan A
frecha negra (1888) e O señor de Ballantree
(1889). A inconclusa Weir of Herminston
(1896), está considerada como a súa obra mestra, pois os fragmentos
que chegaron ata nós conteñen algúns dos máis fermosos
pasaxes da prosa escocesa moderna.
Escritor versátil, Stevenson posuía talento suficiente como para
afondar con mestría en distintos xéneros literarios. Amosou tamén
unha grande capacidade no xénero do ensaio e a crítica recibiu
moi ben os seus libros de viaxes autobiográficos como A casa
solitaria (1883), A través das chairas
(1892) ou Illas do Sur (1896). Entre os seus libros
de poemas hai que destacar Xardín de verso para nenos (1885),
mentres que O diaño da botella (1893,
existente na biblioteca) e Narracións marabillosas
(1882) recollen os seus relatos breves. A nosa biblioteca conta ademáis
coas obras Secuestrado, Catriona,
Noites da illa ou O tesouro
de Flanchard.
Ó longo dun cruceiro de pracer polo sur do Pacífico, no 1889,
levoulle ás Illas Samoa onde el e a súa esposa permaneceron ata
1894, nun derradeiro esforzo por recuperar a saúde do escritor. Os nativos
chamárono Tusitala (o que conta historias). Alí morreu a finais
dese mesmo ano e foi soterrado no cumio da montaña, preto de Valima,
o seu fogar samoano.