Logo Biblioteca

José Luis Sampedro
(Barcelona, 1917)

San

Respiro fondo un húmido frescor vigorizante. Penétrame; o meu corpo o recibe entregándose. Deixei na fondura do navío, na cuarta cuberta onde vivo e traballo, unha luz de neon a tódalas horas, e emerxo aquí como náufrago que recobra a vida a bocanadas. Renazo cada día, subindo á alborada, para vivir este intervalo augural, entre dous tempos, o onte e o hoxe. Nesa divisoria albisco mellor o esencial, sempre agochado baixo o urxente. Recibo a luz nacente, que chega lenta, impóndose ó fin nas aturas, irisando as movedizas nubes. Xa non me estraña ver, sobre a miña testa, cordas colgantes dun truncado mastro cruzado por un aparello roto: xa me deron a explicación deste vello residuo, de impensable coexistencia coa rítmica trepidación da poderosa maquinaria en marcha baixo as pranchas metálicas que piso (
tomado de “A senda do drago”)

Nacido en Barcelona, en 1917, a variada procedencia xeográfica e cultural da súa familia supuxo unha influencia fundamental na súa obra, xa que seu pai nacera en A Habana, o seu avó en Manila, a súa nai en Alxeria e a súa avoa en Lugano, na Suiza italiana. A familia trasladouse a Tánxer cando o futuro escritor contaba cinco anos e medio, e este permaneceu en terras africanas ata a adolescencia. En Tánxer naceron os seus irmáns Carlos e Carmen. Cando estalou a guerra civil española, no 1936, foi mobilizado polo exército republicano pero máis tarde incorporouse ó bando contrario. Pasou a guerra en Melilla, Cataluña, Guadalaxara e Huete (Cuenca). Neste período iniciouse na escrita de poemas.
No 1940 empezou a traballar como funcionario de aduanas en Melilla, pero pediu o traslado a Madrid. Ó rematar a guerra, escribiu a súa primeira novela, A estatua de Adolfo Espello que, sen embargo, non foi publicada ata 1994. No 1946 casou con Isabel Pellicer, e ó ano seguinte naceu a súa filla Isabel. No 1951 foi nomeado asesor do Ministro de Comercio. Neste período escribiu as súas dúas primeiras obras de economía: Principios prácticos de localización industrial e Efectos da unidade económica europea. No 1955 foi nomeado Catedrático de Estructura Económica, posto que ocupou ata 1969. Ó ser expulsados da Universidade os profesores Aranguren e Tierno Galván, uniuse a eles, xunto con outros profesores, para crear o Centro de Estudos e Investigacións (CEISA) que sería pechado polo goberno tres anos despois. Compaxinou ó longo da súa vida a actividade docente coa de economista no Banco Exterior.
No 1968 foi designado “Ann Howard Shaw Lecturer” na universidade norteamericana Bryn Mawr College. A principios da década dos sesenta, decidiu aceptar un posto de profesor visitante nas universidades inglesas de Salford e Liverpool. No 1971 regresou ó Ministerio de Facenda como asesor económico da Dirección Xeral de Aduanas e impartiu cursos na Escola Diplomática, o Instituto de Estudos Fiscais e na Universidade de Barcelona. No 1977 foi elexido senador por designación real nas primeiras cortes democráticas e vicepresidente da Fundación Banco Exterior.
No 1980 nacería Miguel, o seu único neto, o cal inspiroulle para escribir a súa obra máis lida, O sorriso etrusco (existente na biblioteca), a súa primeira novela de éxito clamoroso. Despois aparecería Outubro, outubro, unha extensa novela que lle ocupara vinte anos de traballo, e que el mesmo cualificou como o seu testamento vital. Pero foi O amante lesbiano, publicada a que acapararía a atención da crítica, e se converteu nun éxito de ventas. Sampedro comezou a escribir na revista Uno, influenciado pola descuberta dalgúns dos escritores que espertaron a súa admiración. Entre eles figuran Azorín, Miguel de Unamuno e Pío Baroja, pero tamén no velistas inglesas como Jane Austen, as irmáns Brönte ou Virginia Wolf. Os contos de Maupassant, Chéjov e Catherine Mansfield foron outra das súas influencias, sen embargo, se tivera que asinar unha obra, estamparía a súa rúbrica sen dubidalo en O principiño, de Antoine de Saint-Exupéry, por ser un conto infantil e un auténtico oráculo ó mesmo tempo. José Luis Sanpedro é considerado un dos valores máis sólidos da súa xeración, e sería elegido no 1990 como membro da Real Academia Española. Na túa biblioteca tamén poderás atopar as obras A inflación (1976), O mercado e nós, O mercado e a globalización (2002), Escribir é vivir (2005), e a súa última novela A senda do drago (2006).

Valid XHTML 1.0 Transitional