Yukio Mishima
- Hirakoa Kimitake -
(Xapón, 1925-70)

Poderá parecer esta unha meta bastante peculiar, pero, como os seus repentinos
ataques de fame, pertencía ao seu xeito de vivir. Mentres camiñaba
baixo a lúa, estes pensamentos convertéronse en estrañas
conviccións. Mantivo as costas máis dereitas que nunca e fitou
a mirada cara adiante. A Ponte Tsukiji é unha ponte totalmente desprovista
de encanto. Os catro piares dos seus extremos carecen de todo atractivo. Sen
embargo, mentres o cruzaban, as catro mulleres puideron uler por primeira vez
algo parecido ao arrecendo do mar. Sopraba un vento con reminiscencias de brisa
salgada. Ata un aviso de neon vermello pertencente a unha campaña de
seguros, que podía observarse cara o sur, parecía un faro proclamando
a proximidade do océano. (tomado de “As sete pontes”)
O
14 de xaneiro de 1921, cando Yukio Mishima nace – pseudónimo de
Hirakoa Kimitake -, a literatura socialista e pacifista, que floreceu no país
do sol nacente dende comezos de século, foi atallada violentamente. Dos
autores que na estela de Émile Zola non dubidaron en escribir contra
a guerra ruso-xaponesa (1905), Kotoku Shusui, o principal deles fora condenado
a morte e executado no 1911. Mentres tanto, o pequeno Mishima, quen pese a pertencer
á burguesía media faise pasar por descendente de samurais –
os samurais serían unha das súa principais referencias ata a fin
dos seus días – edúcase en Gakushüin, a escola por
excelencia da nobreza.
Estudante universitario aínda, cando o escritor publica os seus primeiros
relatos, a literatura xaponesa asiste a unha explosión de romántica
exaltación nacional, que vai preparando o camiño da 2º Guerra
Mundial. Antes de que esta confrontación remate, Mishima publicará
o seu primeiro relato “O bosque en flor”
(1941) e o exército o destinará a unha misión suicida,
da que finalmente será relevado. Non cabe dúbida, é nesta
imposibilidade de autoinmolarse pola patria onde se debe buscar outra das claves
da súa vida.
Publicada no 1949, “Confesións dunha máscara”,
onde o protagonista proclama abertamente a súa homosexualidade tras recordarnos
toda a súa existencia, será a novela que o catapulte ao cumio
das letras xaponesas. A ela seguiranlle, entre outras, “A
morte en metade do verán” (1953), O
tumulto das ondas (1954, na biblioteca) e O
pavillón de ouro (1956, na biblioteca). Esta
última, a súa obra máis coñecida, narra a historia
do mozo Mizoguchi, un aprendiz de bonzo obsesionado polos seus complexos, que
comeza a levar unha vida filocastrense que ten a súa primeira manifestación
nunha obsesiva práctica da culturismo. A forza, xunto coa violencia,
a beleza, a morte e o erotismo, son as principais preocupacións das súas
páxinas.
Aclamado en Oriente e Occidente, viaxa por primeira vez aos Estados Unidos en
1958. Tal vez fora entón, no país vencedor do imperio do sol nacente,
onde comezará a xenerar o exacerbado nacionalismo que o inspirará
ao longo de todos os anos 60. Ferido ante o novo Xapón occidentalizado,
anhelando uns tempos que non van a volver, en 1968 escribe “Polo
camiño do samurai” e “En defensa
da cultura”. Unha e outra son as súas obras máis
nacionalistas. Cando esas mesmas consideracións o levan a pronunciar
conferencias na universidade, é apupado polos estudantes. Non obstante,
consegue fundar entre algúns deles unha organización de extrema
dereita chamada Asociación dos Escudos.
Finalmente, obedecendo aos seculares códigos nipóns do honor,
no 1970 decide facerse o harakiri diante do xefe de estado maior do exército
para protestar pola desmilitarización do seu país.
Ademais das mencionadas, na bibliotecas temos tamén as súas obras
A perla e outros contos, O
templo da alborada (1964-70), A corrupción
do anxo (1964-70), Neve de primavera
(1964-70) e Cabalos desbocados (1964-70).