Logo Biblio

escritor@s da semana

Jack London
(EEUU, 1876-1916)

London

Hai un éxtase que sinala a cúspide da vida, máis alá do cal a vida non pode erguerse. Pero a paradoxo da vida é tal que ese éxtase se presenta cando un está vivo, e se presenta como un esquezo total de que se está vivo. Ese éxtase, ese esquezo da existencia, alcanza ó artista, converténdoo nunha chama de paixón. Alcanza ó soldado, que no ardor da batalla nin pide nin da tregua, e alcanzou a Buck que corría ó fronte do fato lanzando o atávico berro dos lobos e pugnando por atrapa-la presa que escapaba á luz da lúa (tomado de "A chamada da selva")

Escritor estadounidense que combina na súa obra o máis profundo realismo cos sentimentos humanitarios e o pesimismo. John Griffith London naceu en San Francisco fillo dun astrólogo ambulante, ó que non coñeceu, e dunha espiritista que se casou con Jack London meses despois do nacemento do seu fillo. Completou os seus estudios de bacharelato mentres realizaba diversos traballos. En 1897 e 1898 viaxou a Alaska, empurrado pola corrente da febre do ouro. Antes fora mariño, pescador e incluso contrabandista. De volta en San Francisco comezou a relatar as súas experiencias. En 1900 publicou unha colección de relatos titulada O fillo do lobo que lle proporcionou un grande éxito popular. Publicou más de 50 libros cos que conseguiu grandes ingresos, dilapidados todos en viaxes e alcohol. Foi corresponsal de guerra e viviu dous matrimonios tormentosos. Suicidouse ós 40 anos.

De ideas socialistas e sempre ó carón dos traballadores, London foi militante comunista e axitador político. Pero, autodidacta como era, as lecturas do filósofo alemán Nietzsche leváronlle a formular que o individuo debe alzarse fronte as masas e as adversidades. Esta contradicción entre a individualidade e a colectividade está presente na súa obra. A súa tese xeral é a de que o ser humano non é bo por natureza, e soamente os fortes conseguen alzarse nesta dura vida; estes seres serán os que poñan os cimentos para unha sociedade máis xusta. Moitos dos seus relatos, entre os que destaca a súa obra mestra A chamada da selva (1903, existente na biblioteca), falan da volta dun ser civilizado ó seu estado primitivo, e a loita pola supervivencia. O seu estilo, brutal e apaixonante, converteuno nun literato enormemente famoso fora do seu pais. As súa novelas traducíronse a numerosas linguas. Entre as súas principais obras cabe destacar Os de abaixo (1903), sobre a vida dos pobres en Londres; O lobo de mar (1904, existente na biblioteca), unha novela baseada nas súas experiencias como cazador de focas; ou Cairo branco (1906, existente na biblioteca), un pesimista libro sobre a crueldade, a hexemonía dos máis fortes e a loita pola liberdade.

Na túa biblioteca tamén poderás atopar as súas obras Polos mares do sur, Asasinatos S.L., A Quimera do ouro, A chamada do salvaxe, As mortes concéntricas, O vagabundo das estrelas, Antes de Adán, Unha odisea nórdica, Fragmentos do futuro ou Acender un lume.

Valid XHTML 1.0 Transitional