Elfriede Jelinek
(Austria, 1946)

De camiño á escola Erika ve inevitábelmente por tódolos
lados a destrucción de individuos e comestíbeis, poucas veces
ve que algo crece e florece. Tan só no parque do concello ou no parque
público, onde as rosas e os tulipanes brotan carnosos. Pero incluso estes
precipítanse, porque levan en sí mesmos o proceso da descomposición.
É o que pensa Erika. Soamente a arte ten uha existencia máis duradera.
Erika codiaoo, pódao, átao a unha guía, desmalézao
e finalmente colleita. Pero, ¿quen sabe todo o que se perdeu ou foi silenciado
injustamente? Cada día morre unha peza musical, unha novela ou un poema
porque xa non se posúe razón de existencia no noso tempo. E o
que parecía eterno pereceu, xa ninguén o coñece. Aínda
cando merecera seguir existindo. No curso de piano de Erika xa hai nenos que
machacan a Mozart ou Haydn, os máis avanzados deslízanse sobre
os patíns de Brahms e Schumann, cubrindo o bosque da literatura musical
coas súas babas de caracol (tomado de “A pianista”)
Autora teatral, novelista e ensaísta austríaca nacida en Muerzzuschlag. De pai xudeo checo e nai de clase acomodada vienesa, pertenceu ó partido comunista austríaco de 1974 a 1991, e gran parte do seu traballo pode ser inscrito na sofisticada tradición lingüista da crítica social. Dende moi temprana idade aprendeu música e estudiou composición no Conservatorio de Música de Viena. Tras diplomarse no 1964, realizou cursos de teatro e historia da arte, mentres continuaba cos seus estudos musicais. Igual de aclamada que controvertida, as obras de Jelinek móvense entre a prosa e a poesía, e inclúen descricións que van dende escenas teatrais ata secuencias fílmicas. Décima muller galardonada co premio Nobel e primeira de nacionalidade austríaca, fíxose popular coa súa novela As amantes (1975, existente na biblioteca), que conquistou ó público de lengua xermana. Outras obras súas sobresaíntes son as novelas, Somos reclamos, baby (1970), Os excluídos (1980), A pianista (1983, existente na biblioteca), que plasmou no cine o director Michael Haneke en 2001, ou Unha novela de entretemento (2000); o libro de poemas As sombras de Lisa (1967), obras teatrais como Unha peza deportiva (1998) ou A Central (2003) e o ensaio Os fillos dos mortos (1995). Como os seus compatriotas Elías Canetti e Thomas Bernhard, repudiou do seu país, ó que reprocha seguir anclado no seu pasado nazi. Considerada como unha das autoras contemporáneas de fala xermana máis importantes, crea nas súas novelas a imposibilidade das mulleres de acadar unha vida completa nun mundo onde son pintadas en base a imaxes estereotipadas. Traduciu, ademais, ó alemán a varios autores estadounidenses, Thomas Pynchon entre eles, e na actualidade reside entre Viena e Munich.