Logo Biblioteca

Michel Houellebecq
(La Réunion, Francia 1958)



Era difícil dicir canto tempo levaba alí; a súa atención, despreocupándose do corpo, flotaba apaciblemente entre os cumios cando o que ó principio creu que era un berro fíxoo volver á realidade. Fixéronlle falta varios segundos para reorganizar as súas percepcións auditivas; logo dirixiuse a toda presa á habitación contigua. Sentado aínda ós pés da cama, Bruno cantaba a pleno pulmón: todos acoden, xa están aquí / en canto oen este berro / estase morrendo aaa maamaaaaaaaá. Inconsecuentes; inconsecuentes, superficiais e ridículos: así son os homes. Bruno levantouse para cantar aínda máis forte a seguinte estrofa: todos acoden, xa están aquí / incluso os do sur de Italia / ata Giorgio, a ovella negra / cos brazos cheos de agasaaaaaaaaaaaaallos... (tomado de “As partículas elementais”)

Fillo de pais atípicos que, ó parecer, se desentenderon del dende moi pequeno, pasou a súa infancia e adolescencia coa súa avoa paterna, da cal adoptou o seu apelido como pseudónimo. Deste feito biográfico nacen algúns dos seus temas recorrentes na súa obra, como a súa fixación nas miserias afectivas do home contemporáneo. No 1980 licénciase como enxeñeiro agrónomo. Traballou un tempo coma informático, experiencia que quedará reflectida na súa primeira novela.
Coa publicación en 1994 de Extensión du domaine de la lutte, que se chegou a comparar con O estranxeiro de Camus, pasou do anonimato total a converterse, grazas exclusivamente ó boca a boca, en autor dun dos libros máis vendidos do ano. A obra foi traducida a numerosas linguas (entre elas ó español, co título Ampliación do campo de batalla) e deuno a coñecer ó gran público. Algúns críticos, collidos a contrapé, creron que o seu éxito sería flor dun día, pero ese vaticinio disipouse coa publicación da súa segunda novela, As partículas elementais (1998, existente na biblioteca), considerado o mellor libro francés do ano pola revista Lire e galardonada co Premio Novembre. Ese mesmo ano obtivo ademais o Premio Nacional das Letras para xoves talentos. A súa terceira novela, Plataforma (2001, existente na biblioteca), converteuno definitivamente en estrela mediática, non só por traducirse a máis de 25 linguas senón por ser obxecto dunha áceda polémica en torno á súa suposta islamofóbica e pola súa visión amoral da explotación sexual no Terceiro Mundo. A causa da presión mediática, deixou Francia e viviu en Irlanda ó longo duns anos. Despois instalouse no sur de España, onde reside actualmente.
As súas obras e opinións, moi críticas co pensamento politicamente correcto e cos restos do maio do 68, púxoo no punto de mira dalgúns medios, que acusárono de misóxino, decadente e reaccionario, o cal soamente fixo que aumentara a súa popularidade e as súas ventas. Por se foran poucos os reproches, debido a algún pasaxe de Plataforma, onde aparece o tema do terrorismo islámico, sumóuselle o de “islamófobo”. Coma non se pode denunciar a ninguén polo que opine unha personaxe de ficción, a oportunidade para os seus detractores chegou a raíz dunha entrevista na revista literaria Lire, publicada en setembro de 2001, nas que afirmou que “a relixión máis idiota do mundo é o Islam” e que “cando les o Corán cáeseche a alma ós pés”. Foi entón denunciado por varias agrupacións islámicas e de dereitos humanos por “inxuria racial” e “incitación ó odio relixioso”. O xuízo, celebrado en París en outubro de 2002, dividiu á comunidade intelectual internacional entre defensores e detractores da liberdade de expresión, que recordou ó caso Rushdie. Foi absolto de tódolos cargos: o xuíz argumentou na sentencia que as críticas á relixión son perfectamente lexítimas nun estado laico. Adorado polos seus incondicionais (Fernando Arrabal considérao o mellor escritor francés vivo) e inxuriado como pornógrafo, misóxino e racista polos seus variados opoñentes (dende puritanos relixiosos a notables izquierdistas), non por elo logran evitar que cada novo libro seu cope os suplementos literarios, se venda por millóns e se traduza a numerosas linguas. A súa última novela, A posibilidade dunha illa (2005, existente na biblioteca), protagonizada por “un Zaratustra da clase media”, segundo as súas propias verbas, continúa a liña de grandes ventas e violentas polémicas.

Valid XHTML 1.0 Transitional