escritor@s da semana
Joseph Conrad
(1857-1924)

" La tierra parecía algo no terrenal. Estamos acostumbrados a verla bajo la forma encadenada de un monstruo dominado, pero allí, allí podías ver algo monstruoso y libre. No era terrenal, y los hombres eran... No, no eran inhumanos. Bueno, sabéis, eso era lo peor de todo: esa sospecha de que no fueran inhumanos. Brotaba en uno lentamente. Aullaban y brincaban y daban vueltas y hacían muecas horribles; pero lo que estremecía era pensar en su humanidad -como la de uno mismo-, pensar en el remoto parentesco de uno con ese salvaje y apasionado alboroto. Desagradable. Sí, era francamente desagradable; pero si uno fuera lo bastante hombre, reconocería que había en su interior una ligerísima señal de respuesta a la terrible franqueza de aquel ruido, una oscura sospecha de que había en ello un significado que uno -tan alejado de la noche de los primeros tiempos- podía comprender. ¿Y por qué no? La mente del hombre es capaz de cualquier cosa, porque está todo en ella, tanto el pasado como el futuro. ¿Qué había allí, después de todo? Júbilo, temor, pesar, devoción, valor, ira -¿cómo saberlo?-, pero había una verdad, la verdad despojada de su manto del tiempo. Que el necio se asombre y se estremezca; el hombre sabe y puede mirar sin parpadear. " (tomado de "EL Corazón de las tinieblas")
Novelista británico de orixe polaco, considerado como un dos grandes escritores modernos en lingua inglesa, cunha obra que explora a vulnerabilidade e a inestabilidade moral do ser humán. O seu nome orixinal era Jósef Teodor Konrad Korzeniowski, e naceu na polaca cidade de Berdichev (hoxe ucraniana), fillo dun noble polaco do que herdou o amor pola literatura. Quedou orfo ós 12 anos e ós 16 abandonou a Polonia invadida polos rusos para trasladarse a Marsella. Ó longo dos seguintes catro anos navegou en barcos mercantes franceses; tamén loitou en España nas guerras carlistas, vivindo aquí unha historia de amor que o levaría ó borde do suicidio. Posteriormente púxose ó servicio da Mariña mercante inglesa - obtendo esta nacionalidade-, coa que viaxaría por todo o mundo, especialmente por Oriente. As experiencias de Conrad, especialmente no arquipélago malaio e no río Congo en 1890, refléxanse nos seus relatos. Conrad escribiu 13 novelas, dous libros de memorias e 28 relatos curtos, pese a que escribir lle resultaba difícil e doloroso, como escribe na súa obra Nostromo (1904), considerada por moitos críticos como a súa obra mestra. Ademais do esforzo por escribir, sobrelevoulle o sufrimento que lle producía a gota, así como a parálise da súa muller e os exiguos ingresos que obtiña no seu traballo. A vida no mar e nos portos extranxeiros constitúe o telón de fondo de casi tódolos seus relatos, pero a súa obsesión fundamental foi a condición humana e a loita do individuo entre o ben e o mal. Con frecuencia o narrador é un mariñeiro retirado, posiblemente un alter ego do mesmo Conrad, como, por exemplo, vemos na súa primeira novela, La locura de Almayer (1895, existente na biblioteca). Outras das súa obras son El negro del Narcissus (1897, existente na biblioteca), centrada nun mariñeiro negro; El agente secreto (1907, existente na biblioteca), sobre os anarquistas londinenses; Bajo la mirada de Occidente (1911), ambientada na Rusia represiva do século XIX; Victoria (1915), ambientada nos mares do sur; os relatos Historias del mar e Tifón (existentes na biblioteca) e a novela El corazón de las tinieblas (1902, existente na biblioteca), que revela as aterradoras profundidades da corruptibilidade humana, e que de seguro todos coñeceredes por ser a base da película Apocalypse Now de Coppola. Case tódalas súas obras reflexan certa tristeza, tratada cun estilo rico e vigoroso, unha técnica narrativa na que se serve con habilidade das interrupcións no discurso cronológico, e unha construcción das súas personases sólida e eficaz. Conrad morreu preto de Canterbury en 1924, influíndo de maneira decisiva na novela contemporánea, e sendo recoñecido por destacados contemporáneos seus, como Arnold Bennet, John Galsworthy, Ford Madox, Stephen Crane ou Henry James, varios dos cales visitarán este apartado próximamente.