Logo Biblioteca

Albert Camus
(Francia, 1913-1960)

Camus



Eu sentía unha natureza tal que as miñas necesidades físicas desprazaban a cotío os meus sentimentos. Canto más reflexionaba, máis cousas descoñecidas e esquecidas sacaba da miña memoria. Comprendín entón que un home non vivira máis que un só día podería sen esforzo vivir cen anos nunha prisión. Tería bastantes lembranzas para non aburrirse.
Comprendín que destruíra o equilibrio do día, o silencio excepcional dunha praia onde fora feliz. Entón disparei catro veces ó corpo inerte no que se afondaban as balas sen que o parecese. Foron catro golpes breves cos que chamaba á porta da desgraza (
tomado de “O estranxeiro”)

Novelista, ensaísta e dramaturgo francés, considerado un dos escritores máis importantes posteriores a 1945. A súa obra, caracterizada por un estilo vigoroso e conciso, reflicte a philosophie d l´absurde, a sensación de aliñación e desencanto xunto á afirmación das calidades positivas da dignidade e a fraternidade humanas. Camus naceu en Mondovi (actualmente Drean, Alxeria), o 7 de novembro de 1913, e estudiou na universidade de Arxel, estudos que pronto se interromperían debido a aparición da tuberculose. Formou unha compañía de teatro para afeccionados que representaba obras ás clases traballadoras; tamén traballou coma xornalista e viaxou moito por Europa. No 1939, publicou Bodas, un conxunto de artigos que incluían reflexións inspiradas polas súas lecturas e viaxes. No 1940, trasladouse a París e formou parte da redacción do xornal Paris-Soir. Ó longo da II Guerra Mundial foi membro activo da Resistencia francesa e, de 1945 a 197, director de Combat, unha publicación clandestina. Alxeria serve de fondo á primeira novela que publica Camus, O estranxeiro (1942, existente na biblioteca), e á maioría das súas seguintes narracións. Esta obra e o ensaio no que se basea, O mito de Sísifo (1942), amosan a influencia do existencialismo no seu pensamento. Das obras de teatro que desenvolven temas existencialistas, Calígula (1945, existente na biblioteca en vídeo e impresa) é unha das máis coñecidas. Anque na súa novela A peste (1947) Camus aínda se interesa polo absurdo fundamental da existencia, recoñece o valor dos seres humanos ante os desastres. As súas obras posteriores inclúen a novela A caída (1956, existente na biblioteca), inspirada nun ensaio precedente; O home rebelde (1951); a obra de teatro Estado de sitio (1948) e un conxunto de relatos, O exilio e o reino (1957). Unha morte leda (1971), anque publicada postumamente, de feito é a súa primeira novela. No 1994, publicouse a novela incompleta na que traballaba cando morría, O primeiro home.
En 1957 recibiría o Premio Nobel de Literatura e tres anos despois morre nun accidente automobilístico en Villeblerin (Francia), o 4 de xaneiro de 1960.

Valid XHTML 1.0 Transitional