Isabel Allende
(Lima, 1942)

A túa avoa roga por ti ó seu deus cristián, e eu o fágoo
ás veces a unha deusa pagá e sorrinte que derrama bens, unha deusa
que non sabe de castigos, senón de perdóns, e lle falo coa esperanza
de que me escoite dende o fondo dos tempos e te axude… Penso na miña
bisavoa, na miña avoa clarividente, na miña nai, en ti e na miña
neta que nacerá en maio, unha firma cadea feminina que se remonta ata
a primeira muller, a nai universal. Debo mobilizar esas forzas nutritivas para
a túa salvación (tomado de Paula)
Escritora
chilena incluída na tradición do chamado realismo máxico,
e considerada unha das novelistas de maior éxito de Latinoamérica.
Nacida en Lima, Perú, onde o seu padrasto se encontraba destinado coma
diplomático, asistiu a diversos colexios privados e viaxou por varios
países antes de regresar a Chile para concluír os seus estudos
e traballar na Organización para a Agricultura e a Alimentación
(FAO), organismo das Nacións Unidas. Posteriormente traballou coma xornalista
en Chile (na revista feminina “Paula”, na publicación infantil
“Mampato” e nalgúns programas de televisión e documentais)
de 1964 a 1973, cando se viu obrigada a exiliarse en Venezuela despois do asasinato,
no 1973, do seu tío, o presidente de Chile Salvador Allende.
Traballou tamén coma xornalista dende 1975 ata 1984 en Venezuela (no
xornal “O Nacional”) e publicou artigos en xornais e revistas en
América e Europa, ensinando literatura na Universidade de Virxinia, Charlottesville
Montclair Collage, New Jersey e Berkeley.
No 1981 comezou a escribir unha carta ó seu avó, enfermo terminal,
que se converteu paulatinamente na súa primeira novela, A
casa dos espíritos (1982, existente na biblioteca),
unha crónica familiar ambientada no torbellino de cambios políticos
e económicos acontecidos en Latinoamérica. A novela foi ben acollida
pola crítica, que viu nela certos elementos propios do realismo máxico,
unha técnica que consiste en mesturar o real co sobrenatural e cuxo principal
expoñente é o novelista colombiano galardoado co Nobel de Literatura
Gabriel García Márquez. Esta novela foi levada ó cine polo
director danés Bille August, concedéndolle á escritora
fama mundial. Posteriormente escribiría as novelas De amor
e de sombra (1984), Eva Lúa
(1985, existente na biblioteca), O plan infinito (1991)
e unha colección de relatos curtos titulada Contos de Eva
Lúa (1989).
As obras de Allende están escritas no estilo do realismo máxico,
que consiste no uso de fantasías e mitos na ficción realista,
e retrata a miúdo a personaxes políticas de Sudamérica.
Os seus primeiros traballos reflicten as súas propias experiencias e
examinan o papel da muller en América do Sur. O plan infinito, sen embargo,
transcorre nos EE.UU., e o protagonista é un home.
O seu primeiro traballo de non-ficción, Paula (1994),
foi escrito como unha carta á súa filla, quen, afectada por unha
enfermidade da sangue hereditaria, entrara en coma, morrendo en 1992. As súas
obras máis recentes son Afrodita (1997, receitario
á vez sensual, sexual e culinario, escrito como unha eclosión
de cor e pracer); Filla da fortuna (1999); ou Retrato
en sepia (2000), no que narra a asombrosa historia de Aurora del
Valle, que ós trinta anos vai na busca do seu brumoso pasado familiar,
despois de vivir en San Francisco a cargo da súa avoa Paulina, unha rica
empresaria feita a si mesmo. Cando Paulina volta a Chile, unha serie de mulleres
fortalecerán o carácter de Aurora, que a finais do século
XIX perfílase como defensora dos dereitos da muller nunha sociedade dominada
polos homes.
As súas últimas novelas son a biografía A
cidade das bestas (2002, existente na biblioteca),
O meu país inventado (2003, existente
na biblioteca), O bosque dos Pigmeos
(2004, existente na biblioteca), O zorro (2005,
existente na biblioteca) e Inés da alma miña
(2006).