Logo Biblioteca

actividades — pan con poesía 2007

 

A Biblioteca do Porriño participa no programa "Pan con Poesía 2007". Trátase dunha campaña desenvolta pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia co motivo do Día da Poesía, unha iniciativa que pretende trasladar este xénero literario a outros ámbitos uníndoa a un elemento con arraigada tradición social, o pan. Nas panaderías asociadas á Federación Galega de Panaderías, envolverase o día 10 de abril as barras e bolas de pan con poemas de dez poetas galegas contemporáneas, Marilar Aleixandre, Marica Campo, Mª do Carme Kruckenburg, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Eva Veiga e María Mariño, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Tamén se lerá o manifesto do Día da Poesía "Cinco razóns para ler poesía", delante da Panadería Erundina, na rúa porriñesa de Avelino Villasuso, ás 11,30: a partir deste momento persoeiros do mundo da cultura e a cidadanía lerán poemas en plena rúa.

Descarga o manifesto

PAN

Pan con poesia

 

 

 

 

 

 

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional