actividades — cine na biblioteca
V
trimestre
xaneiro - marzo 2007
Ciclo “Cine e xénero”
O ser humano, dende que nace, necesita relacionarse cos demáis. É algo inherente á súa propia natureza, segundo os antropólogos. Quizáis por elo dende o principio buscou distintas formas de relacionarse baseadas non soamente na lei, os intereses ou os lazos de sangue, senón tamén na necesidade do propio individuo. Por eso institucións que permaneceron fieis á estructura patriarcal, pechada, como a familia tradicional ou o matrimonio, hoxe están pasando por unha forte transformación marcada principalmente pola liberación da muller ou a reivindicación e consecución de dereitos polos homosexuais. En “Cine na biblioteca” queremos facernos eco destes cambios nun ciclo que basculará en tres eixos mensuais. “Sen xénero de dúbidas: igualdade” planea sobre o novo universo femenino; dicir que apostamos pola igualdade a estas alturas, sería absurdo: debe darse por suposto en cada debate. “Novos lazos, novos modelos de relación” plasma a conflictividade na estructura familiar e de parella, amosando ademais a súa modificación nos últimos tempos. En “Biodiversidade” ponse sobre a mesa a diversidade sexual, para representar que a heterosexualidade non é a única forma de amar.
Xaneiro: ciclo "Sen
xénero de dúbidas: igualdade"
• día 11: Kitchen
stories (de Bent Hamer)
• día 18: A
miña muller é unha actriz (de Ivan Attal)
• día 25: As
mulleres de verdade teñen curvas (de Patricia Cardoso)
Febreiro: ciclo "Novos
lazos, novos modelos de relación"
• día 1: O
verán de Kikujiro (de Takeshi Kitano)
• día 8: Celebración
(de Thomas Vinterberg)
• día 15: As
invasións bárbaras (de Denys Arcand)
• día 22: Jules
e Jim (de François Truffaut)
Marzo: ciclo "Biodiversidade"
• día 1: Gotas
de auga sobre pedras quentes (de François Ozon)
• día 8: Fucking
Amal (de Lukas Moodysson)
• día 15:
Unha relación privada (de Fréderic
Fonteyne)
• día 22:
O amor é o demo (de John Maybury)
• día 29:
O estimulador (de Richard Glatzer e Wash West)
![]() |
11 DE XANEIRO Kitchen stories |
Tít.
orixinal: Salmer fra kjokkenet
Ano: 2003
Duración: 95 min.
País: Noruega
Dirección: Bent Hamer
Guión: Bent Hamer, Jörgen Bergmark
Música: Hans Mathisen
Fotografía: Philip Ogaard
Reparto: Joachim Calmeyer, Tomas Norström,
Reine Brynolfsson, Bjorn Floberg, Sierre Ander Ousdal, Leif Andrée, Gard
B. Eidsvold, Lennart Jähkel
Productora: Bulbul Film / Bob Film
Xénero: comedia
Non recomendada a menores de 13 anos
Sinopse: Ó longo do periodo da posguerra,
os analistas do Instituto Sueco de Estudos Económicos descubriron que,
si se organizaban axeitadamente as tarefas da cociña, seguindo o modelo
das cadenas de montaxe das fábricas, os beneficios económicos
que se derivarían para a unidade familiar e para a sociedade poderían
ser inxentes. Tras describir o comportamento da ama de casa sueca, os científicos
quixeron ampliar a investigación máis alá dos límites
xeográficos e de xénero nas que se moveran ata entón investigando
a comarca rural de Landstad, rexión caracterizada pola abundancia de
homes solteiros.
![]() |
18 DE XANEIRO A miña muller é unha actriz |
Tít. orixinal:
Ma femme est une actrice
Ano: 2001
Duración: 95 min.
País: Francia
Dirección: Yvan Attal
Guión: Yvan Attal
Fotografía: Rémy Chevrin
Música: Brad Mehldau
Reparto: Charlotte Gainsbourg, Yvan Attal, Terence
Stamp, Noemí Lvovsky, Laurent Bateau, Ludivine Sagnier, Lionel Abelanski,
Keith Allen, Jo McInnes
Productora: Pathé
Xénero: comedia romántica
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Yvan é un xornalista de deportes
parisino que comparte a súa vida sen problemas con Charlotte, unha actriz.
O problema dos ciumes surxe cando ela comeza a rodar unha película cun
actor famoso polas súas dotes de seductor. A partir dese momento, marido
e esposa entran nunha crise que os fará descubir cousas dentro de cada
un e no outro que nin sospeitaban que existían. A atracción por
persoas alleas ós seus antigos círculos e a necesidade de descubrir
e experimentar aspectos da vida ós que antes non se achegaban –
por pudor ou prexuizos – fará que reflexionen sobre a súa
rutina de parella.
![]() |
25 DE XANEIRO As mulleres de verdade teñen curvas |
Tít.
orixinal: Real women have curves
Ano: 2002
Duración: 90 min.
País: EE.UU.
Dirección: Patricia Cardoso
Guión: George LaVoo, Josefina López
Fotografía: Jim Denault
Música: Emma García de Mantilla,
Heitor Pereira
Reparto: America Ferrera, Lupe Ontiveros, Ingrid
Oliu, George López, Brian Sites, Lourdes Pérez
Productora: HBO Films / Newmarket Films
Xénero: comedia dramática
Para tódolos públicos
Sinopse: Ana, unha adolescente méxico-americana,
está a punto de converterse en muller. Vive na comunidade hispana do
Leste de Los Ángeles, e recén acabado o instituto o seu profesor
anímaa para que solicite unha beca para estudar na Universidade de Columbia.
Pero os seus tradicionais pais pensan que non é tempo para estudar, senón
para axudar á familia. Dividida entre as súas ambicións
personais e a súa tradición cultural, accede a traballar coa súa
nai na fábrica de costura da súa irmán, no centro da cidade.
![]() |
1 DE FEBREIRO O verán de Kikujiro |
Tít.
orixinal: Kikujiro no natsu
Ano: 1998
Duración: 121 min.
País: Xapón
Director: Takeshi Kitano
Guión: Takeshi Kitano
Música: Joe Hisaishi
Fotografía: Katsumi Yanagishima
Reparto: Takeshi Gitano, Yusuke Sekiguchi, Kayoko
Kishimoto, Kazuko Yoshiyuiki, Great Gidayu
Productora: Bandai Visual / Tokio FM / Nipón
Herald / Office Kitano
Xénero: drama
Para tódolos públicos
Sinopse: Masao é un neno de nove anos ó
que lle toca as vacacións de verán coa súa avoa. Acabáronse
os partidos de fútbol, xa que tódolos seus amigos marcharon á
praia. Aburrido, Masao decide ir na busca da súa nai, á que non
coñece. Cunha fotografía e unha dirección como únicas
referencias, e moi poucos cartos, o plan parece condenado ó fracaso.
Unha amiga da súa avoa propón que o seu marido o acompañe.
O problema é que o desaprensivo Kikujiro, un antigo yakuza, non parece
precisamente a compaña ideal para un neno, anque nunca se sabe.
![]() |
8 de febreiro Celebración |
Tít.
orixinal: Festen
Ano: 1998
Duración: 105 min.
País: Dinamarca
Director: Thomas Vinterberg
Guión: Thomas Vinterberg, Mogens Rukov
Música: Non ten
Fotografía: Anthony Dod Mantle
Reparto: Henning Moritzen, Ulrico Thomsen, Thomas
Bo Larsen, Birthe Neumann, Trine Dyrholm, Páprika Oteen, Helle Dolleris
Productora: DR TV Drama / SVT Drama / Nordisk Film
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: Os Klingenfeldt, unha familia da alata
sociedade danesa, disponse a celebrar o sesenta cumpreanos do patriarca, un
home de trayectoria e reputación intachable. Pero tres irmáns
moi diferentes están dispostos a contalo todo, e sacar á luz os
trapos suxos da familia. Trátase da primeira e multipremiada película
do revolucionario movemento Dogma.
![]() |
15 de febreiro As invasións bárbaras |
Tít. orixinal:
Les invasions barbares
Ano: 2003
Duración: 99 min.
País: Canadá
Dirección: Denys Arcand
Guión: Denys Arcand
Música: Pierre Aviat
Fotografía: Guy Defaux
Reparto: Rémy Girard, Stéphane Rousseau,
Marie-Josée Croze, Dorothée Berryman, Louise Portal, Dominique
Michel, Yves Jacques
Productora: coproducción Canadá-Francia
Xénero: comedia dramática
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Un home cun cancro avanzado ten dificultades
para aceptar a realidade da súa inminente morte e atopar un momento de
paz antes do final, especialmente porque lamenta certos aspectos do seu pasado.
O seu fillo – co que se distanciara -, a súa exmuller, escamantes
e vellos amigos irán a reunirse con el para compartir os seus derradeiros
momentos.
![]() |
22 de febreiro Jules e Jim |
Tít.
orixinal: Jules et Jim
Ano: 1961
Duración: 104 min.
País: Francia
Dirección: François Truffaut
Guión: François Truffaut, Jean Gruault
Música: Georges Delerue
Fotografía: Raoul Coutard
Reparto: Jean Moreau, Oskar Werner, Henri Serre,
Marie Dubois, Vanna Urbino, Sabine Haudepin, Boris Bassiak, Kate Noelle, Anny
Nielse
Productora: Les Films du Carrosse
Xénero: drama romántico
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: Dous artistas, o austriaco Jules e o francés
Jim, están namorados da mesma muller, Catherine, dende hai 20 anos. A
amizade entre ambos artistas iníciase en Montparnasse en 1907. Máis
tarde, ó longo dunha viaxe a Viena, coñecerán a Catherine
e será Jules o que primeiro se namore dela, para terminar casándose
e ter unha filla xuntos. Finalizada a guerra, Jim volve para saudar ós
seus amigos e Catherine recíbeo radiante, coa súa nena de catro
anos. Aí comezarán os problemas.
![]() |
1 de marzo Gotas de auga sobre pedras quentes |
Tít.
orixinal: Gouttes d´eau sur pierres brûlantes
Ano: 1999
Duración: 90 min.
País: Francia
Dirección: François Ozon
Guión: François Ozon
Música: varios
Fotografía: Jean Lapoirie
Reparto: Bernard Giradeau, Ludivine Sagnier, Malik
Zidi, Anna Thomson
Productora: Fidélité
Productions / Les Films Alain Sarde
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: Estructurada en catro actos e ambientada
na tolerante Alemaña Federal dos anos 60, retrata a táxica evolución
da relación que se establece entre un home de 50 anos e un mozo de 19
que aínda non ten clara a súa tendencia sexual. O que comeza como
un apaixonado romance acaba desmoronándose coa rutina e a vida en común,
rematando na degeneración nunha relación desigual e destructiva.
![]() |
8 de marzo Fucking Amal |
Tít. orixinal:
Fucking Amal
Ano: 1998
Duración: 89 min.
País: Suecia
Dirección: Lukas Moodysson
Guión: Lukas Moodysson
Música: Varios
Fotografía: Ulf Brantas
Reparto: Alexandra Dahlström, Rebecka Liljeberg,
Erica Carlson, Mathias Rust, Stefan Hörberg, Josefin Nyberg, Ralph Carlsson,
Maria Hedborg
Productora: Memfis Films / Zentropa Productions
/ Film I Väst / SVT Drama
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Amal é unha pequena e pacifica
cidade sueca… e seguramente un dos lugares máis aburridos do
planeta. Agnes está a punto de cumplir 16 anos e non ten amigos. Está
segredamente namorada de Elin, a rubia con aspecto rebelde e desinhibido da
escola. Sen embargo, soamete o sabe o seu ordenador. O día da festa
do seu cumpreanos, unha serie de circunstancias casuais farán que Elin
acuda á súa festa, o que dará pé ó desenvolvemenro
de acontecementos inesperados.
![]() |
15 de marzo Unha relación privada |
Tít. orixinal:
Une liaison pornographique
Ano: 2000
Duración: 80 min.
País: Francia
Dirección: Fréderic Fonteyne
Guión: Philippe Blasband
Música: Jeannot Sanavia, André
Dziezuk, Marc Mergen
Fotografía: Virginia Saint-Martin
Reparto: Natalie Baye, Serig López, Paul
Pavel
Producción: Iacam
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: Ela e el acuden á súa
cita nunha cafetería. Grazas á sección de contactos dunha
revista, segundo el, e a Internet, segundo ela, atoparon uha parella anónima
coa que canalizar as súas fantasías sexuais. Pero o que eles
pensaban que era unha relación esporádica, vai pouco a pouco
converténdose nalgo máis, e esto transtorna os seus plans. Trátase
dunha historia de amor que comeza como unha historia de sexo.
![]() |
Tít. orixinal:
Love is the Devil
Ano: 1998
Duración: 91 min.
País: Gran Bretaña
Dirección: John Maybury
Guión: John Maybury
Música: Ryuichi Sakamoto
Fotografía: John Mathieson
Reparto: Derek Jacobi, Daniel Craig, Anne Lambton,
Kart Jonson, Annabel Brooks, Adrian Scarborough, Tilda Swinton
Productora: BBC Films / The British Film Institute
/ Premiere Heure / Uplink
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: A película narra un fragmento da vida do xenial artista británico Francis Bacon onde conviven os éxitos públicos e os fracasos privados, a destrucción, os desexos e o sufrimento dos seres humanos. A historia dun ser humano vencido polo seu éxito. A cinta comeza no 1971 no Grand Palais de Paris, onde o controvertido pintor é recibido como “o xenial pintor vivo” polas autoridades e a prensa, na súa triunfante retrospectiva. Ó mesmo tempo, o amante de Bacon está a punto de morrer.
![]() |
Tít. orixinal:
The Fluffer
Ano: 2001
Duración: 95 min.
País: EE.UU.
Dirección: Richard Glatzer, Wash West
Guión: Wash West
Música: John Vaughn & The Bowling
Green
Fotografía: Mark Putnam
Reparto: Scott Gurney, Michael Cunio, Roxanne
Day, Richard Riehle, Deborah Harry, Robert Walden, Taylor Negron, Tim Bagley
Productora: Fluff and Flod
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos
Sinopse: Sean é un mozo de pobo que vai a Hollywood, aluga un video porno gay e namórase de pés a cabeza da súa portentosa estrela, un tal Johnny Rebel. Desexando coñecer ó seu ídolo personalmente, Sean introdúcese no negocio como cámara a tempo parcial e como “fluffer” a xornada completa. No caso de Rebel. As cousas aínda son máis complicadas debido a que el actúa como gay únicamente por cartos. Aparentemente todo esto representa una metáfora da honestidade sexual, encontrándose na situación do verdadeiro romántico obrigado a amar dende unha distancia imposta.