Logo Biblioteca

actividades — cine na biblioteca

VI trimestre
abril - xuño 2007

Ciclo “Gañarás o pan coa suor da túa fronte”

E gañarás o pan coa suor da túa fronte, aquelas sabias palabras escritas no bíblico libro do Xénese establecen o fío condutor deste novo e sexto ciclo de Cine na biblioteca. En abril, “E gañarás o pan…”, poranos enriba da mesa dúas excelentes mostras de cine relacionado coa gastronomía, un tema amplamente tratado na historia do audiovisual que abordaremos a través de dous suculentos pratos, “O festín de Babette” e “Deliciosa Martha”. Para comer, hai que traballar, e de seguro que Adán tería serias dificultades de encontrar traballo digno e de calidade nestes tempos nos que a globalización económica universalizou o traballo barato e flexible. “… coa suor da túa fronte” tratará en catro títulos a desfeita da estrutura laboral e as dificultades que existen hoxe en día para contar cun pan enriba da mesa. En maio, en Canódromo, faremos un inciso dun mes para festexar cos amigos de Cans a celebración do seu IV festival de curtas, plasmando as posibilidades das curtas en formato longo, sexa este de contido ou continente.

 

Abril: ciclo "E gañarás o pan…"
día 19: O festín de Babette (de Gabriel Axel))
día 26: Deliciosa Martha (de Sandra Nettelbeck)

Maio: ciclo "Canódromo"
día 3: 11 de setembro (de varios directores e directoras)
día 10: De bares (de Mario Iglesias)
día 24: IV Festival de Curtas de Cans (proxección no C.R.C.)
día 31: Café e cigarriños (de Jim Jarmusch)

Xuño: ciclo "… coa suor da túa fronte"
día 7: Recursos humanos (de Laurent Cantet)
día 14: Arcadia (de Constantin Costa-Gavras)
día 21: Competencia desleal (de Ettore Scola)
día 28: 200 km (de Discusión 14)

 

 

 

bABETTE 19 de abril
O festín de Babette

PI

Tít. orixinal: Babettes Gaestebud
Ano: 1987
Duración: 102 min.
País: Dinamarca
Dirección: Gabriel Axel
Guión: Gabriel Axel
Música: Per Norgard
Fotografía: Henning Kristiansen
Reparto: Stéphane Audran, Jean-Philipe Lafont, Gudmar Wivesson, Jarl Kulle, Bibi Andersson, Bodil Kjer, Brigitte Federspiel
Productora: Nordisk Films / Panorama International / DFI
Xénero: comedia
Non recomendada a menores de 13 anos


Sinopse: No século XIX, nunha remota aldea de Dinamarca viven dúas irmáns anciáns, envoltas na nostalxia dunha lonxana xuventude na que a súa educación, profundamente puritana, obrigounas a renunciar a toda posibilidade de ser felices. Viven nunha profunda austeridade, ata que aparece entre elas Babette, quen chega fuxindo do terror no seu Paris natal. Un premio de lotería permítelle organizar unha opulenta cena á que invitará a todos os veciños quen terán que loitar entre a sensualidade que implica gozar dos prodixios da cociña francesa e o seu fanatismo puritano.

Volver

 

 

Martha 26 de abril
Deliciosa Martha

dESCARGA

Tít. orixinal: Bella Martha
Ano: 2000
Duración: 107 min.
País: Alemaña
Dirección: Sandra Nettelbeck
Guión: Sandra Nettelbeck
Fotografía: Michael Berti
Música:
Keith Jarret, Arvo Pärt, David Darling
Reparto: Martina Gedeck, Sergio Castellitto, Maxime Foerste, Sibylle Canonica, Katja Studt, August Zirner, Idil Ürner, Oliver Broumis, Ulrich Thomsen
Productora: Bavaria Film International
Xénero: Comedia
Para tódolos públicos

Sinopse: Martha, unha encantadora cociñeira apaixonada pola súa profesión, realiza verdadeiras obras de arte culinarias nun pequeno restaurante de Hamburgo. Aínda así, a súa vida é bastante monótona: é introvertida, non ten practicamente vida social e vive unicamente para o seu traballo. A súa vida cambiará cando se faga cargo da súa sobriña, Lina, logo do accidente da súa nai. Soamente a presenza de Maio, os seu novo compañeiro italiano de traballo, porá un pouco de ledicia e pasta nas súas vidas.

Volver

 

 

11 setembro 3 de maio
11 de setembro

dESCARGA

Tít. orixinal: 11´09´01 – September 11
Ano: 2002
Duración: 130 min.
País: varios
Dirección: Samira Majmalbaf, Claude Lelouch, Youssef Chahine, Danis Tanovic, Idrisa Uedraogo, Ken Loach, Alejandro González Iñárritu, Amos Gitaï, Mira Nair, Sean Penn, Shoei Imamura
Reparto: Documental
Productora: Coproducción Gran Bretaña-Francia
Xénero: Documental
Para tódolos públicos

Sinopse: 11 realizacións, 11 historias, 11 puntos de vista do atentado contra as Torres Xemelgas e o Pentágono, un suceso que cambiou a historia do século XXI. Unha visión segundo realizadores e realizadoras de Irán, Francia, Exipto, Bosnia-Herzegovina, Burkina Faso, Reino Unido, México, Israel, India, Estados Unidos e Xapón.

Promises

 

 

Debares 10 de maio
De bares

dESCARGA

Tít. orixinal: De bares
Ano: 2006
Duración: 91 min.
País: España
Dirección: Mario Iglesias
Guión: Mario Iglesias
Música: Nani García
Fotografía: Mario Iglesias
Reparto: Javier Albalá, Nancho Novo, Carlos Sante, Emma Álvarez, Javier Puig, Jesús Cabrero, Rosa Álvarez, Atilano Franco
Productora: Matriuska Producciones / Voz Audiovisual
Xénero: Drama
Non recomendada a menores de 13 anos

Sinopse: Centos de fotografías, de fragmentos de realidade, adornan as paredes dun bar. Óscar, un home duns trinta anos, obsérvaas mentres espera pola súa moza. Cada obxecto, cada instante, cada rostro anónimo dá paso a unha historia diferente. Soidade, traizón, loucura... Unha viaxe polas caras máis ocultas da natureza humana até chegar de novo a Óscar. Porque aínda fica unha historia por contar.

Volver

 

 

 

Cans 24 de maio: proxección no Círculo Recreativo Cultural
IV Festival de Curtas de Cans (do 24 ao 16)

Volver

 

 

Cafe 31 de maio
Café e cigarriños

dESCARGA

Tít. orixinal: Coffe and cigarettes
Ano: 2003
Duración: 96 min.
País: EE.UU.
Director: Jim Jarmusch
Guión: Jim Jarmusch
Fotografía: Frederick Elmes
Reparto: Roberto Benigni, Steve Buscemi, Cate Blanchett, Bill Murray, Alfred Molina, Iggy Pop, Tom Waits, Steven Wright, Joie Lee
Productora: Smokescreen / Asmik Ace / Bim
Xénero: Drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Unha serie enlazada de curtametraxes que compoñen unha longametraxe. Cada secuencia amosa a diversas personaxes sentadas ó redor dunha mesa, tomando café, fumando cigarriños e discutindo diversos temas como a correcta preparación do té inglés, as teorías sobre a conspiración contra Elvis Presley, Abbot & Costello, a ficticia banda de rock SQÜRL, París nos anos vinte ou o uso da nicotina coma insecticida, entre outros temas.

Volver

 

 

Recursos humanos 7 de xuño
Recursos humanos

dESCARGA

Tít. orixinal: Ressources Humaine
Ano: 1999
Duración: 100 min.
País: Francia
Dirección: Laurent Cantet
Guión: Laurent Cantet, Gilles Marchand
Fotografía: Matthieu Poirot-Delpech
Reparto: Jalil Lespert, Jean-Claude Vallod, Chantal Barré, Véronique de Pandelaère, Michel Begnez, Lucien Lonqueville
Productora: coproducción Francia-Gran Bretaña
Xénero: Drama
Non recomendada para menores de 7 anos

Sinopse: Narra a historia dun mozo acabado de licenciar na universidade, que é contratado no departamento de Recursos Humanos dunha fábrica na campiña francesa como pasante. Está cheo de ilusión e inxenuidade, e cre que os seus esforzos servirán para achegar as posturas entre os sindicatos e a dirección con respecto á xornada laboral, pero co tempo descubrirá que o seu traballo enmárcase nunha reestruturación da empresa, e que varios empregados quedaranse na rúa.

Volver

 

 

Arcadia 14 de xuño
Arcadia

dESCARGA

Tít. orixinal: The Ax-Le couperet
Ano: 2005
Duración: 122 min.
País: Francia
Dirección: Constantin Costa-Gavras
Guión: Costa-Gavras, Jean-Claude Grumberg
Música: Armand Amar
Fotografía: Patrick Blossier
Reparto: José García, Karin Virad, Geordy Monfils, Christa Theret, Ulrich Tukur, Olivier Gourment, Yvon Back, Thierry Hancisse, Olga Grumberg
Productora: Coproducción Francia-Bélxica
Xénero: Drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Bruno Davert é un alto executivo dunha fábrica de papel que leva quince anos adicado a satisfacer as necesidades dos patronos e accionistas da compañía. Debido a un proceso de reestruturación económica da empresa, da noite á mañá é despedido xunto con centos dos seus compañeiros. En principio a medida non lle preocupa; é mozo, conta cunha preparación excelente e cre que non tardará demasiado en atopar outro posto dun nivel semellante. Tres anos despois, aínda sen traballo, soamente ten en mente sobrevivir e preservar o futuro da súa familia.

Volver

 

 

Competencia desleal 21 de xuño
Competencia desleal

dESCARGA

Tít. orixinal: Concorrenza sleale
Ano: 2001
Duración: 110 min.
País: Italia
Dirección: Ettore Scola
Guión: Ettore Scola, Furio Scarpelli, Siliva Scola, Giacomo Scarpelli
Música: Armando Trovajoli
Fotografía: Franco di Giacomo
Reparto: Diego Abatantuono, Sergio Castellito, Gérard Depardieu, Jea-Claude Brialy, Claude Rich, Claudio Bigagli, Anita Zagaria, Antonella Attili
Productora: Medusa Film
Xénero
: Drama
Para tódolos públicos

Sinopse: Umberto é un xastre propietario dunha elegante xastrería que está perdendo clientes en favor do seu veciño xudeu Leone. A súa rivalidade profesional os divide, estimulados polas súas estratexias e trucos sucios. Sen embargo, os seus fillos menores van xuntos ao colexio e o fillo dun e a filla doutro son noivos. Todo cambia cando o goberno italiano aproba as leis raciais contras os xudeus en 1938.

Volver

 

 

200 km 28 de xuño
200 km

dESCARGA

Tít. orixinal: 200 km
Ano: 2003
Duración: 90 min.
País: España
Dirección: Discusión 14
Guión: Discusión 14
Fotografía: Discusión 14
Reparto: Traballadores de SINTEL
Productora: Discusión 14
Xénero: Documental
Para tódolos públicos

Sinopse: Partindo de seis puntos diferentes de España, os traballadores de SINTEL, empresa pertencente a Telefónica no momento da súa privatización, e as súas familias, recorren a pé centenares de quilómetros para encontrarse en Madrid o día 1 de maio e reclamar unha solución para a súa situación laboral. Case dous anos despois do Campamento da Esperanza (no que 1800 traballadores permaneceron ó longo de 6 meses), os traballadores de SINTEL volven a Madrid para reclamar o traballo digno que lles prometeran. “Discusión 14” é un colectivo de 14 realizadores españois (8 mulleres e 6 homes) menores de 30 anos.

Volver

 

Volver Valid XHTML 1.0 Transitional