actividades — concurso de fotografía 2011"O pracer de ler"
O PRACER DE LER 2011: fotografía gañadora:

Xa temos gañador do concurso O Pracer de ler 2011 da Biblioteca do Porriño. Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración, o concurso tivo unha gran participación e recibimos fotografías de moita calidade que están expostas no Centro Cultural Municipal. Nesta edición o xurado dictaminou que o gañador do concurso é Fernando Carrero coa súa obra “Paseo e lectura” que publicamos sobre estas liñas. Noraboa ao gañador e a todas as persoas participantes.
BASES:
Co motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2011, a Biblioteca Municipal do Porriño convoca un concurso de fotografía que ten como obxecto a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade.
TEMÁTICA
- A temática das fotografías a presentar versará sobre
calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, lectura e do libro, primando
a idea que emana do propio nome do concurso "O pracer de ler”.
PARTICIPANTES E
FOTOGRAFÍAS
- Participarán en concurso único tódalas persoas que así
o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías
que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en
cor ou branco e negro, de calquera tamaño, pero sempre pegadas sobre
unha cartulina negra.
- As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía
irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén
acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora
e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo postal,
número de teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE
ENTREGA
- As fotografías entregaranse nas oficinas da biblioteca municipal R/
Domingo Bueno nº 9, 36400 O Porriño – Pontevedra, en horario
de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do martes 31 de
maio ás 21,00 h.
XURADO E FALLO:
- O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do
Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado darase
a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente
ao gañador por teléfono.
PREMIO:
- Concederase un único premio de 600 €. sometido á retención
que exprese a lei. No caso de que o gañador sexa menor de idade na data
de remate de presentación das fotografías, substituirase o diñeiro
por un agasallo (cámara dixital e/ou material fotográfico) dun
valor aproximado.
EXPOSICIÓN:
- Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición
nas instalacións da biblioteca.
DEREITOS PATRIMONIAIS
DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA:
- De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía
premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede
á Biblioteca Municipal do Porriño, co carácter de exclusividade,
os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS:
- A presentación dunha fotografía a este concurso supón
a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato
que se estime necesario para a divulgación do concurso e da biblioteca,
especialmente no referido á súa promoción, difusión,
comunicación e exhibición, incluídos exposicións,
catálogos e páxinas web.
- As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta e pasado 1 mes da finalización da exposición do concurso. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.
ACEPTACIÓN
DAS BASES:
- A participación neste concurso supón a aceptación total
das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir
calquera eventualidade non prevista nelas.
O Porriño
07 de abril de 2011