Logo Biblioteca

actividades — cine na biblioteca

III trimestre
abril-xuño 2006

Ciclo “Cine e intercontracultura”

 

Abril:
día 6: Os espigadores e a espigadora (de Agnès Varda)
día 20: Os espigadores e a espigadora. Dous anos despois (de Agnès Varda)
día 27: Promises (de Justine Shapiro, B. Z. Goldberg, Carlos Bolado)

Maio:
día 4: A última noite (de Spike Lee)
día 11: Kandahar (de Mohsen Makhmalbaf)
día 18: Contra a parede (de Fatih Akin)
día 25: Por mín e por tódolos meus compañeiros (de Judas Diz, Festival de Cans-C.R.C.)

Xuño:
día 1: Lila dí (de Ziad Doueiri)
día 8: Bagdad rap (de Arturo Cisneros)
día 15: A lei de Herodes (de Luís Estrada)
día 22: Os edukadores (de Hans Weingartner)
día 29: Exilios (de Tony Gatlif)

 

Espigadores 6 de abril
Os espigadores e a espigadora

PDF

Tít. orixinal: Les glaneurs et la glaneuse
Ano: 2000
Duración: 82 min.
País: Francia
Dirección: Agnès Varda
Guión: Agnès Varda
Música: Joanna Bruzdowicz, Isabelle Olivier, Agnès Bredel, Richard Klugman
Fotografía: Stéphane Krausz, Didier Doussin, Pascal Sautelet, Didier Rouget, Agnès Varda
Reparto: documental
Productora: Agnès Varda
Xénero: documental
Para tódolos públicos


Sinopse: Por aquí e por alí, en Francia, Agnès Varda atopouse con espigadores, recolectores e xente que busca entre o lixo. Por necesidade, puramente por azar ou por obriga, esta xente recolle obxectos rexeitados por outros. O seu mundo é sorprendente. E a directora tamén é unha especie de espigadora, recollendo imaxes para este documental tan persoal.

Volver

 

 

Espigadoresii 20 de abril
Os espigadores e a espigadora. 2 anos despois

PDF

Tít. orixinal: Les glaneurs et la glaneuse, deux ans après
Ano: 2002
Duración: 64 min.
País: Francia
Dirección: Agnès Varda
Guión: Agnès Varda
Música: Joanna Bruzdowicz, Isabelle Olivier, Georges Delerue, Richard Klugman, François Wertheimer
Reparto: documental
Productora: Agnès Varda
Xénero: documental
Para tódolos públicos

Sinopse: tras o éxito da súa melancólica enquisa sobre os espigadores, Agnès Varda volve a reunirse cos protagonistas para contarnos o que pasou logo da película. Ensínanos o que foi dos espigadores filmados no 2000 e sae na busca dos que lle escribiron manifestándolle a súa amizade e admiración. Provista da súa cámara mini DVD, a directora prosigue no seu traballo anterior, afina o seu autorretrato e propónnos de novo un cine dunha gran liberdade, dunha independencia total.

Volver

 

 

Promises 27 de abril
Promises

PDF

Tít. orixinal: Promises
Ano: 2001
Duración: 106 min.
País: Israel
Dirección: Justine Shapiro, B. Z. Goldberg
Carlos Bolado
Guión: Justine Shapiro & B.Z. Goldberg
Fotografía: Justine Shapiro, B.Z. Goldberg, Carlos Bolado
Reparto: documental
Productora: coproducción Israel-EE.UU.
Xénero: documental
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: Promises trata da viaxe de Golberg a través das comunidades palestinas, os asentamentos na beira occidental e os coñecidos barrios de Xerusalén. Alí coñece e pon en contacto a nenos palestinos e israelíes, veciños pero inimigos, de idades comprendidas entre os nove e trece anos, destacando as súas duras e as súas intensas emocións. Aclamado documental rodado nos anos 1997, 1998 e 2000 ó longo dun tempo de relativa calma logo da sinatura dos acordos de Oslo e antes da última Intifada. Nominada ós Óscar de 2002 como mellor documental, recibiría dous premios Emmy no mesmo ano.

Promises

 

 

A ultima noite 4 de maio
A última noite

PDF

Tít. orixinal: 25th Hour
Ano: 2002
Duración: 134 min.
País: EE.UU.
Director: Spike Lee
Guión: David Benioff
Música: Terence Blanchard
Fotografía: Rodrigo Prieto
Reparto: Edward Norton, Philip Seymour Hoffman, Barry Pepper, Rosario Dawson, Anna Paquin, Brian Cox, Tony Siraqusa
Productora: Touchstone Pictures
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: As horas están contadas para a liberdade de Monty Brogan. Comeza a conta atrás: en tan só 24 horas deberá ingresar na cadea onde pasará 7 anos por tráfico de drogas. Despois de ser o rei de Manhattan, acostumado ós flashes e a un tran de vida exclusivo, Monty decide por a súa vida en orde coas personas máis importantes da súa vida no seu último día en liberdade: o seua pai, os seus dous mellores amigos e a súa noiva, que pode ser a persoa que o delatou á policía. Monty non está seguro de nada, pero o tempo remata e debe tomar unha decisión.

Volver

 

 

Kandahar 11 de maio
Kandahar

PDF

Tít. orixinal: Safar é Ghandehar
Ano: 2001
Duración: 85 min.
País: Irán
Director: Mohsen Makhmalbaf
Guión: Mohsen Makhmalbaf
Música: Mohamed Reza Darvishi
Fotografía: Ebrahim Ghafouri
Reparto: Niloufar Pazira, Hassan Tantaï, Saou Teymouri
Productora: Makhmalbaf Film House
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: Nafas é unha moza xornalista afgán refuxiada en Canadá. A súa irmán pequena vive en Afganistán e lle manda unha carta desesperada dicíndolle que decidiu quitarse a vida antes do eclipse de sol que se achega. Nafás escapou do seu país ó longo da guerra civil talibán, e decide voltar a Kandahar para axudar á súa irmán, intentando cruzar a fronteira entre Irán e Afganistán.

Volver

 

 

Contra a parede 18 de maio
Contra a parede

PDF

Tít. orixinal: Gegen die wand
Ano: 2004
Duración: 120 min.
País: Alemaña-Turquía
Dirección: Fatih Akin
Guión: Fatih Akin
Música: varios
Fotografía: Rainer Klausmann
Reparto: Birol Ünel, Sibel Kekilli, Catrin Striebeck, Güven Kiraç, Meltem Cumbul
Productora: coproducción Alemaña-Turquía
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Cahit, 40 anos, temporalmente recluído nunha clínica psiquiátrica logo dun intento de suicidio, entende que debe volver a comezar, pero a súa alma atormentada obrígalle a afogar a súa dor no alcohol e as drogas. Sibel, fermosa moza turco-alemana goza demasiado da vida como para ser unha musulmana decente. Desesperada por escapar da cárcere da súa devota e conservadora familia, simula un suicidio: pero non consegue a liberdade senón a deshonra. Soamente o matrimonio pode salvala. Un matrimonio ficticio con Cahit parécelle unha boa solución, pero o que empeza sendo unha farsa parece que empezará a voltarse real.

Volver

 

 

caquin 25 de maio
Por mín e por tódolos meus compañeiros

O CONCELLO DO PORRIÑO CO FESTIVAL DE CANS.
Estreno, ás 22,00 horas no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, e dentro da programación do Festival de Cans 2006, da longametraxe:

POR MÍN E POR TÓDOLOS MEUS COMPAÑEIROS do director Judas Diz

Volver

 

 

Lila di 1 de xuño
Lila dí

PDF

Tít. orixinal: Lila dit ça
Ano: 2004
Duración: 89 min.
País: Francia
Dirección: Ziad Doueiri
Guión: Ziad Doueiri
Música: Nitin Sawhney
Fotografía: John Daly
Reparto: Vahina Giocante, Mohammed Khouas, Karim Ben Haddou, Edmonde Franchi, Lofti Chakri
Productora: Marina Gefter
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Lila é unha fermosa rapaza de 16 anos que acaba de mudarse coa súa tía, que está un pouco tola, a un barrio popular poboado sobre todo por familias árabes. Dous amigos namóranse dela. Un é o narrador da película, o poético, tranquilo e aposto Chimo; o outro é Mouloud, o prototipo de árabe chulo nado en Europa. Lila achégase a Chimo e insiste en que lle mire por baixo das saias. A partir de aí comeza un xogo de seducción mentres Lila amosa o que pode dicir unha moza cun sorriso inocente e Mouloud entra en conflicto coa relación da parella.

Volver

 

 

Bagdad Rap 8 de xuño
Bagdad rap

PDF

Tít. orixinal: Bagdad rap
Ano: 2005
Duración: 75 min.
País: España
Director: Arturo Cisneros
Guión: Arturo Cisneros, Santiago Alba, Mikel Larramendi
Música: Varios
Fotografía: Varios
Reparto: documental
Productora: Artsaisa
Xénero: documental
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: 20 de marzo de 2003. Bagdad. Ese día o mundo miraba atónito, indignado e conmocionado a televisión mentres comezaba unha guerra para moitos sin senso e, en calquera caso, ilexítima. Pero non todo o que sucedeu en Irak vímolo por televisión. Un grupo de brigadistas chegaron a Bagdad os días previos ó comezo da guerra e algúns permaneceron alí ó longo dos bombardeos. O seu punto de vista da situación en clave de rapsirve de nexo para narrar unha historia na que se entremezclan as faces, con noomes propios, dalgunhas víctimas, as vivencias da poboación civil a poucos días dun ataque anunciado, pero sobre todo, as terríbeis consecuencias que ese ataque provocou e seguirá provocando ó longo de xeracións na poboación civil de Irak.

Volver

 

 

A lei de Herodes 15 de xuño
A lei de Herodes

PDF

Tít. orixinal: La ley de Herodes
Ano: 1999
Duración: 120 min.
País: México
Dirección: Luis Estrada
Guión: Luis Estrada, Jaime Sampietro, Fernando León, Vicente Leñero
Música: Santiago Ojeda
Fotografía: Norman Christianson
Reparto: Damian Alcázar, Pedro Armendáriz, Delia Casanova, Juan Carlos Colombo, Álex Cox
Producción: Bandidos Films
Xénero: Drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: o alcalde dun pequeno pobo mexicano é linchado polos seus abusos de poder. O Gobernador decide nomear a Juan Vargas, encargado dun vertedoiro e antigo militante do P.R.I. coma sucesor. Vargas trata de facer o seu traballo coas mellores intencións, ata que descobre as delicias do poder e da corrupción. Pouco a pouco transfórmase nun tirano que é capaz de todo para quedarse no seu posto por sempre e para sempre.

Volver

 

 

Os Edukadores

22 de xuño
Os edukadores

PDF

Tít. orixinal: Gegen die wand
Ano: 2004
Duración: 120 min.
País: Alemaña-Turquía
Dirección: Fatih Akin
Guión: Fatih Akin
Música: varios
Fotografía: Rainer Klausmann
Reparto: Birol Ünel, Sibel Kekilli, Catrin Striebeck, Güven Kiraç, Meltem Cumbul
Productora: coproducción Alemaña-Turquía
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Jan, Peter e Jule están en plena xuventude rebelde. Úneos a paixón por cambiar o estado de cousas. Jan canaliza a súa ira loitando contra as inxustizas políticas dos ricos; comparte os mesmos ideais que o seu compañeiro de piso, Peter, anque este de xeito máis relaxado. Jule, a noiva de Peter, acaba mudándose ó mesmo piso cando non pode chegar a fin de mes co seu soldo de camareira: non sabe que Jan e Peter son “Os edukadores”, os misteriosos autores de actos creativos e non violentos cos que se adican a avisar os membros do clube de iates de que “os seus días están contados”. Pero Jule tamén ten un segredo: tivo un accidente de coche e foi condenada a pagar unha esaxerada suma mensual a Hardenberg, un rico home de negocios co que se atoparán os edukadores.

Volver

 

 

Exils 29 de xuño
Exilios

PDF

Tít. orixinal: Exils
Ano: 2004
Duración: 103 min.
País: Francia
Director: Tony Gatlif
Guión: Tony Gatlif
Música: Tony Gatlif & Delphine Mantoulet
Fotografía: Céline Bozon
Reparto: Romain Duris, Lubna Azabal, Leïla Makhlouf, Habib Cheik, Zouhir Gacem
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: un día Zano suxire unha idea tola á súa compañeira Naïma: unha viaxe a través de Francia e España ata Alxeria, para coñecer a terra que unha vez os seus pais tiveron que abandonar. Emprenden o camiño únicamente coa música coma equipaxe. Namorados da súa liberdade, deixan que o tempo pase, intoxicados pola sensualidade andaluza antes de que finalmente decidan cruzar o Mediterráneo. Zano e Naïma reconstruen, así, ó revés, a traxectoria do exilio.

Volver

Volver Valid XHTML 1.0 Transitional