actividades — cine na biblioteca
II
trimestre
xaneiro-marzo 2006
Ciclo “No patio traseiro: cine europeo independente”
Xaneiro:
• día 12: Good
bye Lenin! (de Wolfgang Becker)
• día 19: Elling
(de Peter Naess)
• día 26: A pelota
vasca (de Julio Medem)
Febreiro:
• día 2: En
terra de ninguén (de Danis Tanovic)
• día 9: Italiano
para principiantes (de Lone Scherfig)
• día 16: Marius
e Jeannette (de Robert Guédiguian)
• día 23: Wilburg
quérese suicidar (de Lone Scherfig)
Marzo:
• día 2: Domicilio
privado (de Saverio Constanzo)
• día 9: Almas perdidas
na cidade (de Hannu Salonen)
• día 16:
O regreso (de Andrey Zvyagintsev)
• día 23: Berlín
está en Alemaña (de Hannes Stöhr)
• día 30: Lola
(de Fassbinder)
![]() |
12 de xaneiro Good bye lenin ! |
Tít.
orixinal: Good Bye, Lenin!
Ano: 2003
Duración: 118 min.
País: Alemaña
Director: Wolfgang Becker
Guión: Wolfgang Becker & Bernd Lichtenberg
Música: Yann Tiersen
Fotografía: Martin Kukula
Reparto: Daniel Brühl, Katrin Saß, Chulpan
Khamatova, Maria Simon, Alexander Beyer, Michael Gwisdek, Burghart Klaussner
Productora: X Filme Creative Pool / ARTE / WDR
/ Senator Entertainment
Xénero: comedia dramática
Para tódolos públicos
Sinopse: Outubro de 989 non era o mellor momento
para entrar en coma se vivías en Alemaña Oriental, e iso é
precisamente o que lle sucede á nai de Alex, unha muller orgullosa da
suas ideas socialistas que cae en coma días antes da caída do
muro de Berlín. Alex vese envolto nunha complicada situación cando
a súa nai desperta de súpeto oito meses despois, nunha Alemaña
reunificada e capitalista. Para salvar á sua nai do shock, Alex comeza
unha pequena mentira piadosa que se convertirá paulatinamente nunha odisea.
![]() |
19 de xaneiro Elling |
Tít. orixinal:
Elling
Ano: 2001
Duración: 90 min.
País: Noruega
Director: Peter Naess
Guión: Axel Hellstenius (baseada na novela
de Ingvar Ambjørnsen)
Música: Lars Lillo Stenberg
Reparto: Sven Nordin, Per Christian Ellefsen, Marit
Pia Jacobsen, Jorgen Langhelle, Per Christensen
Productora: Film OG TV Produksion / Nordisk Film
/ Audiovisuelt Produksionfond
Xénero: comedia
Para tódolos públicos
Sinopse: Elling está preparado para volver
ó "mundo real" tras un periodo de dous anos nunha clínica
psiquiátrica. Tutelado polos servicios sociais noruegos, él e
o seu compañeiro de habitación, un xigante bonachón chamado
Kjell Bjarne, son propostos para ser reintegrados na comunidade. A asistencia
social concédelles un apartamento en Oslo, onde se supón que han
de ser capaces de coidar de sí mesmos. Pero, para alguén a quen
entrar nun restaurante resúltalle tan compricado como atravesar a Antártida,
esta nova vida está chea de obstáculos.
![]() |
26 de xaneiro A pelota vasca |
Tít.
orixinal: La pelota vasca, la piel
contra la piedra
Ano: 2003
Duración: 115 min.
País: España
Director: Julio Medem
Guión: Julio Medem
Música: Mikel Laboa
Fotografía: Javier Aguirre, Jon Elicegui,
Ricardo de Gracia
Reparto: Documental
Productora: Alicia Produce, S.L.
Xénero: documental sobre terrorismo
Para tódolos públicos
Sinopse: Hai moitas maneiras de mirar a realidade
do País Vasco. A mirada de Julio Medem non é a única posible,
pero si é unha mirada que se interroga e interroga sobre o pasado, presente
e futuro de Euskal Herria. Empregando unha grande cantidade de horas de entrevistas
realizadas a cidadáns vascos, material de arquivo e unha espléndida
banda sonora, Medem ofrécenos un valente documental moi esclarecedor
do conflicto vasco que non deixa a ninguén indiferente. Duro, honesto,
necesario e plural.
![]() |
2 de febreiro En terra de ninguén |
Tít.
orixinal: No Man's Land
Ano: 2001
Duración: 98 min.
País: Bosnia
Director: Danis Tanovic
Guión: Danis Tanovic
Música: Danis Tanovic
Fotografía: Walther Vanden Ende
Reparto: Branko Djuric, Rene Bitorajac, Filip Sovagovic,
Katrin Cartlidge, Simon Callow, Serge-Henri Valcke, Georges Siatidis
Productora: Coprod. Bosnia-Herzegovina-Francia-Italia-Bélgica-GB-Eslovenia
Xénero: comedia negra
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Unha das máis sagaces e demoledoras
denuncias -non só da guerra senón tamén da política
e os medios de comunicación - dos últimos anos. Ó longo
da guerra de Bosnia, dous soldados, un de cada bando, atópanse atrapados
nunha trincheira no medio das súas respectivas liñas. Tráxicamente
divertida, sinxelamente imprescindible, esta película foi premiada en
2001 co Óscar á mellor pelicula estranxeira, Premio ó Mellor
Guión en Cannes 2001, Premio do Público en San Sebastián
2001 e nominada á mellor película estranxeira ós Globos
de Ouro 2002.
![]() |
9 de febreiro Italiano para principiantes |
Tít.
orixinal: Italiensk for begyndere
Ano: 2000
Duración: 112 min.
País: Dinamarca
Director: Lone Scherfig
Guión: Lone Scherfig
Música: non ten
Fotografía: Jorgen Johansson
Reparto: Anders W. Berthelsen, Anette Stovelbaek,
Ann Eleonora Jorgensen, Peter Gantzler, Lars Kaalund, Sara Indrio Jensen
Productora: Zentropa Entertainments / Danmarks
Radio / Danish Film Institute
Xénero: comedia
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Un curso de italiano une a seis personaxes
danesas con problemas sentimentais e de comunicación.... Andreas, un
xove sacerdote, chega á súa nova parroquia nun pequeno barrio
de Copenhage para reemprazar a Wredmann, un crego enfrontado cos fregueses que
non lle porá as cousas doadas. Coñece a Jørgen, un tímido
conserxe que debe despedir ó seu amigo da infancia, Hal-Finn. Para aproveitar
as noites, Andreas apúntase a un curso nocturno de italiano, onde coñece
a Olympia, unha axudante de pastelería amiga de Karen, perruqueira. Todos
coincidirán nas clases, mentres o ambente latino (favorecido pola presenza
da italiana Giulia) comeza a revelarse nos enredos pasionais entre eles.
![]() |
16 de febreiro Marius e Jeannette |
Tít. orixinal:
Marius et Jeannette
Ano: 1998
Duración: 105 min.
País: Francia
Director: Robert Guédiguian
Guión: Jean-Louise Milesi & Robert Guédiguian
Música: varios
Fotografía: Bernard Cavalié
Reparto: Gérard Meylan, Ariane Ascaride,
Pascale Roberts, Jacques Boudet, Jean-Pierre Darroussin, Laëtitia Pesenti
Productora: Agat Films / La Sept Cinema
Xénero: drama
Para tódolos públicos
Sinopse: Nun barrio obreiro de Marsella, Marius
e Jeannette están na metade das súas vidas. Marius vive só
nunha fábrica de cemento pechada que domina o barrio. É o gardián
desa fábrica que está a punto de demolerse. Jeannette cría
soa os seus dous fillos co seu ínfimo salario de caixera. Vive nunha
minúscula casa aberta a un patio típico mediterráneo. O
encontro entre Marius e Jeannette non será sinxelo porque, aparte das
dificultades propias da súa situación social, están feridos
pola vida. Unha traxedia feroz, cálida e moi humana, con dous actores
inmensos.
![]() |
25 de febreiro Wilbur quérese suicidar |
Tít.
orixinal: Wilbur begår selvmord
Ano: 2002
Duración: 95 min.
País: Dinamarca
Director: Lone Scherfig
Guión: Lone Scherfig & Anders Thomas
Jensen
Música: Joakim Holbek
Fotografía: Jørgen Johansson
Reparto: Jamie Sives, Adrian Rawlins, Shirley Henderson,
Lisa McKinlay, Mads Mikkelsen, Julia Davis, Susan Vidler, Robert McIntosh
Productora: Coproducción Dinamarca-GB; Zentropa
Entertainments
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Wilbur quérese suicidar, pero non
o consegue. A pesar do seu singular magnetismo, especialmente coas mulleres,
o seu inxenio e encanto non bastan para compensar o seu pesimismo. Mentres Wilbur
está desencantado da vida, Harbour, o seu irmán menor, é
un optimista irreductible cuio principal obxectivo consiste en procurarlle a
Wilbur a felicidade. Esta excéntrica parella de irmáns vive en
Glasgow, onde herdaron unha destartalada libraría, único recordo
que lles deixou o seu recén falecido pai. Harbour pensa que unha noiva
axudaría a mellorar o estado de ánimo do seu irmán.
![]() |
2 de marzo Domicilio privado |
Tít.
orixinal: Private
Ano: 2004
Duración: 90 min.
País: Italia
Director: Saverio Costanzo
Guión: Saverio Costanzo, Camilla Costanzo,
Alessio Cremonini, Sayed Qashua
Música: Alter Ego
Fotografía: Luigi Martinucci
Reparto: Mohammed Bakri, Lior Miller, Tomer Russo,
Arin Omary, Hend Ayoub
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Mohamed é mestre de literatura
inglesa nun dos institutos máis progresistas de Palestina, do que tamen
é director. Vive nun pobo coa súa esposa Samia e os seus cinco
fillos, nunha casa illada situada a medio camiño entre un pobo palestino
e un asentamento xudeo. A casa non tarda en converterse nun punto estratéxico
e os israelies deciden confiscala. A pesar de que a casa está invadida
polos soldados, Mohamed decide non irse: apoiándose na súa profunda
crenza na non-violencia, pensa que é posible convivir cos soldados. Esta
nova vida, impregnada de medo, rompe a unidade da familia, reaccionando cada
un dos seus membros á súa maneira ante a presenza dos soldados
e a decisión do pai.
![]() |
9 de marzo Almas perdidas na cidade |
Tít. orixinal:
Downhill City
Ano: 1999
Duración: 101 min.
País: Finlandia
Director: Hannu Salonen
Guión: Hannu Salonen
Música: Pistepirkko
Fotografía: Eska
Reparto: Franka Potente, Teemu Aromaa, Andreas
Brucker, Michaela Rosen, Sebastian Rudolph, Axel Werner
Productora: Coproducción Finlancia-Alemania;
Luna Films / Gmbh
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Berlín, unha cidade de contrastes,
controversias, comezos... Seis persoas están a punto de cambiar radicalmente
as súas vidas. Artsi, o músico finlandés ilegal sae do
seu país esperando trunfar coa súa música. Peggy sepárase
de Hans porque só pensa na súa carreira de boxeador. Sasha acaba
de sair do cárcere e non ten onde pasa-la noite; Fabián, en
realidade escritor, sobrevive coma repartidor de pizzas e Doris quere romper
ca rutina do seu matrimonio deambulando sen rumbo pola cidade. Os seus camiños
crúzanse e pérdense casualmente, todos intentan vivir as súas
ideas de felicidade e do seu amor. Algúns cren conseguilo, a outros
cóstalles máis, pero todos cren merecer unha oportunidade.
![]() |
16 de marzo O regreso |
Tít. orixinal:
Vosvrascenie
Ano: 2003
Duración: 105 min.
País: Rusia
Director: Andrey Zvyagintsev
Guión: Vladimir Moiseenko & Alexandre
Novototsky
Música: Andrey Dergatchev
Fotografía: Mikhail Kritchman
Reparto: Vladimir Garin, Ivan Dobronravov, Konstantin
Lavronenko, Natalia Vdovina
Productora: Ren TV
Xénero: Drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: A vida de dous irmáns sofre un
brusco cambio cando de súpeto aparece o seu pai, ó que soamente
lembraban por unha fotografía de facía dez anos. ¿É
realmente o seu pai? ¿por que volveu despois de tanto tempo? Os rapaces
atoparán as respostas nunha remota e solitaria illa, ó longo
dunha emocionante viaxe polos fermosos paraxes de Siberia, co home que puxo
as súas vidas do revés. Ópera prima do realizador ruso
Andrey Zvyagintsev, nacido en 1964, que fixera varios filmes para a televisión
rusa. León de Ouro en Venecia, onde foi calificada pola crítica
como “un film sobre o amor, a perda dos afectos e o ingreso na idade
adulta, de irresistible forza emocional.”
![]() |
23 de marzo Berlín está en Alemaña |
Tít. orixinal:
Berlín is in Germany
Ano: 2001
Duración: 91 min.
País: Alemaña
Director: Hannes Stöhr
Guión: Hannes Stöhr
Música: Florian Appl
Fotografía: Florian Hoffmeister
Reparto: Jörg Schüttauf, Julia Jäger,
Tom Jahn, Valentin, Platareanu, Edita Malovcic, Robert Lohr, Robin Becker,
Oscar Martínez
Productora: Luna Film
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: O mundo novo que se abre ante Martin,
un exconvicto que acaba de cumprir condena de once anos, lévalle a
asumir as profundas transformacións experimentadas por Alemaña
despois da caida do Muro de Berlin en 1989. Con ‘Berlin is in Germany’
estamos ante un intento do cine alemán comprometido, frente a outro
máis comercial, como é o caso de ‘Corre Lola, corre’,
posto que aquí trátase de describir as vivencias dun home disposto
a recuperar o tempo perdido. Algo non tan sinxelo como parece, dada a crise
económica pola que atravesa a nación xermana. Para colmo, Martin
é prácticamente un descoñecido para a súa muller
e o seu fillo, co cal os obstáculos que debe superar o noso protagonista
teñen o carácter de traxicomedia.
![]() |
30 de marzo Lola |
Tít. orixinal:
Lola
Ano: 1981
Duración: 115 min.
País: Alemaña
Director: Rainer Werner Fassbinder
Guión: Rainer Werner Fassbinder, Peter
Märthesheimer, Pea Fröhlich
Música: Peer Rabin
Fotografía: Xaver Schwarzenberger
Reparto: Barbara Sukowa, Armin Mueller-Stahl,
Mario Adorf, Mathias Fuchs, Helga Feddersen, Karin Baal, Ivan Desny
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos
Sinopse: Lola, unha cantante de cabaret, seduce
a un delegado de urbanismo, o Sr. von Bohm. O conflicto plantéxase
cando o honesto funcionario descubre que o cabaret encubre un burdel e que
as súas cantantes son prostitutas. Unha evocación de 'O anxo
azul' de Josef von Sternberg, que forma parte da triloxía de Fassbinder
sobre a vida na Alemaña de postguerra, xunto a 'O matrimonio de Maria
Braun' e 'A ansiedade de Veronika Voss'.