comicteca
Deben estar
os cómics na biblioteca?
O cómic é unha ferramenta excelente para fomentar a lectura entre
nenos e adultos. Conecta ca aprendizaxe visual. Enriquece o vocabulario, desenvolve
a expresión, axuda a reter palabras complexas por asociación,
coaxuda á comprensión do relato, fixa a atención, adáptase
ao propio ritmo da lectura, mellora a capacidade de síntese, é
ideal para a aprendizaxe de idiomas. Estimula a creatividade e desenvolvemento
de potentes capacidades na linguaxe artística. Os lectores de cómic
teñen mellor vocabulario e nivel de lectura. Os cómics estimulan
a imaxinación e o desexo de crear. Facilitan a linguaxe icónica.
Reflicten a realidade social dunha época ou un país e desenvolven
o sentido crítico ante o mundo que os rodea. Dan a coñecer paixóns
humanas, frustracións persoais, sonos, contradicións moi importantes
no mundo da ética e da historia. Espertan aos lectores durmidos e desmotivados.
Os cómics son o medio ideal para espertar interese pola lectura, cunha
parte moi importante de diversión. Medio de mensaxes educativas. Estimulan
a explorar outras literaturas. Moitos lectores de cómic chegan a ser
ávidos lectores de libros. Enganchan a lectores. Aos lectores e lectoras
encántanlle os cómics: esa é a mellor razón para
telos.
(C.M. Artacho Orihuela)
A
Biblioteca Municipal do Porriño pon en marcha a sección de Comicteca,
un servizo que busca darlle o recoñecemento que se merece a este xénero
literario-artístico, e descubrir aos seus usuarios esa linguaxe única
que o converte nun vehículo narrativo de primeira orde. Dende a biblioteca
realízase unha aposta forte pola banda deseñada, que ata ben pouco
estivo relegada a xénero de segunda orde. A selección bibliográfica
(composta por un fondo fundacional de arredor de 1.000 volumes), ademais de
contar con toda a produción en lingua galega da banda deseñada,
presenta tamén cunha ampla selección de cómic español,
europeo, hispanoamericano, norteamericano e manga xaponés.
O servizo de comicteca presenta dúas seccións, a Sección de Adultos, disposta na sala de consulta e practicable para os/as usuarios maiores de 18 anos, e a Sección Xeral, disposta na Sala Infantil e Xuvenil e aberta a tódolos públicos. Esta clasificación primeira comezará a signatura topográfica das obras, e así as letras que comecen"CA" indican a súa pertenza á Sección de Adultos mentres que "CX" á Sección Xeral.
Unha segunda clasificación divide ás obras segundo a súa procedencia xeográfica. Óptase por empregar este tipo de clasificación porque segundo sexa a súa zona de procedencia ó cómic presenta, de maneira moi xeneralizada, unhas características definitorias. E así poderedes encontrarvos (no caso da Sección Xeral):
- CÓMIC EUROPEO
(CXE)
- CÓMIC ESPAÑOL (CXEE)
- CÓMIC GALEGO (CXEG)
- CÓMIC AMERICANO
(EE.UU. e Canadá)
• Mainstream (CXAM): trátase, basicamente,
dos cómics de superheroes e superheroínas, publicados principalmente
polas grandes dúas grandes editoriais Marvel e DC
• Independente (CXAI): cómic máis achegado
ao europeo, publicado normalmente por pequenas editoriais onde o autor ten máis
liberdade creativa
• Clásico (CXAC): normalmente tiras diarias e
suplementos dominicais publicados nos xornais estadounidenses dende principios
do século XX.
- CÓMIC XAPONÉS
• Shonen manga (CXMS): manga dirixido principalmente
a mozos adolescentes; principalmente son series de acción, ainda que
tamén existen as series de humor ou romance desde o punto de vista do
home
• Shojo manga (CXMH): manga dirixido principalmente
a mozas adolescentes, principalmente son series de amor.
• Seinen e Josei manga (CXME): manga dirixido
normalmente á audiencia de maiores de 18 anos; principalmente son series
de sexo, política e violencia destacando as historias de samurais
| E-club de lectura do cómic |
http://biblioporrinocomic.wordpress.com/
O
E-Club Virtual de Lectura do Cómic da Biblioteca do Porriño pretende
ser un espazo de encontro no que, a través de informacións, recensións
e experiencias compartidas entre todos, darémoslle unha volta de torca
ao mundo do cómic a partir da comunidade de usuarios da biblioteca porriñesa.
Periodicamente engadiremos críticas dunha obra ou serie en concreto que
valoraremos coas nosas impresións, apreciacións e opinións
a través de comentarios aos post incluidos polo administrador.
Os comentarios serán previamente aprobados polo moderador antes de ser
publicados.
As posibilidades deste entorno dixital permiten que non necesitemos estar presentes
nun mesmo espazo físico e ao mesmo tempo para facer efectiva a dinámica
tradicional dun club de lectura, senón que poderemos participar cando
queiramos na crítica aberta ao redor da obra en cuestión. Agardamos
a vosa participación activa neste entorno de lectores e autores de cómics
para dinamizar a vida deste xénero que ata ben pouco non recibiu todo
o recoñecemento que se merece.
Puxemos en marcha a inauguración da comicteca cunha serie de actividades paralelas coas que queriamos impulsar o coñecemento deste mundo bibliográfico na nosa localidade:
- Festa Cosplay de inauguración e Exposicións: "Comicteca do Porriño" e "A nova BD Banda"
- Obradoiro de creación de blogs