recursos
Nesta sección ofrecémosche unha serie de recursos que, pensamos, seránche de grande utilidade. Todos eles son online e de balde. Para entrar nos catro primeiros tes que elexir a nosa biblioteca, en "usuario" o teu número de carné de biblioteca e en "contrasinal" o teu número de NIF:
OCENET
SALUS: Contidos sobre saúde, nutrición e educación
no coidado persoal. Ofrece obras de referencia, médica, de nutrición,
de coidado persoal e de mediciñas alternativas, obras formativas, publicacións
especializadas, protocolos de enfermería, sección de educación
para a saúde, atlas de anatomía, dicionarios médicos e
enlace a páxinas web recomendadas.
OCENET
SABER: Especificamente feito para
bibliotecas, con máis de 200.000 artigos en lingua española. Ofrece
información de referencia, artígos de revista e publicacións
especializadas, documentos históricos transcritos ou dixitalizados, clásicos
literarios, imaxes, cartografía, atlas de anatomía, interactividades,
enlaces de Internet e dicionarios.
E-JUNIOR:
Enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro
ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas
etapas.
ENCICLONET:
Extensa enciclopedia electrónica dirixida a ciclos superiores de ensino
e a adultos.
OUTROS RECURSOS:
•
ferramentas do idioma: dicionarios,
tradutores e correctores, enciclopedias
•
ferramentas de Internet: buscadores,
buscadores literarios e metabuscadores
• outros:
bases de datos de lexislación, listas de distribución de biblioteconomía