actividades — concurso de relatos curtos e sms "Letras Galegas 2005" (fora de prazo)
FALLO DO XURADO
Modalidade de mensaxes de móbil:
1º premio (250 €
e agasallos): Rubén Vizcaíno Pena
- "Esta mnsaxe esta envelenada. Poderia espertar en vostede o gusto
polo inutil. Cndo a reciba, ceibea ao lixo. Non lle colla aprecio, fagame caso."
2º premio (150 €
e agasallos): Fernando Álvarez Bea
- "tba cnctado e ln q x - d 150 ltrs dbds 250 ? fcr o q smpr fi l galgo,
fclo tdo + snxlo. Dik, e chmd pra sgint."
Modalidade de relato curto:
Categoría A (ata trece
anos):
- 1º premio(reproductor de DVD e agasallos): Gloria Bastos González,
do Porriño, por "A campá do reloxo"
- 2º premio (reproductor de DVD e agasallos): Katia Fernández Bargiela,
do Porriño, por "A canteira de Refilón"
Categoría B (de 14 a 18
anos):
- 1º premio (cámara dixital e agasallos): Brais González
Pérez, de Salceda, por "Melancolicamente Roiciño"
- 2º premio (reproductor de DVD e agasallos): Beatriz Vila Castiñeira,
de Tui, por "O xogo da ola"
Categoría C (maiores de
19 anos):
- 1º premio (300 € e agasallo): Rocío Leira Castro, de Cee,
por "Fume de muller"
- 2º premio (200 € e agasallo): Miguel A. Abraira Pérez, do
Porriño, por "Corenta e oito días"
BASES:
- O concurso está organizado pola Concellería de Normalización
Lingüística do Concello do Porriño e conta coa colaboración
da Biblioteca Municipal.
- Establécense dúas modalidades para o concurso: relato curto
e mensaxes de móbil (sms).
- As obras presentadas non poderán estar publicadas nin premiadas noutro
concurso.
- Non se entregará máis dun premio por persoa.
- Pola publicación dos traballos gañadores non se percibirán
dereitos de autor.
- Non se aceptarán traballos recibidos máis tarde do dezaseis
de maio.
- O ditame do xurado, así como a súa composición, farase
público antes do 31 de maio.
- O Concello non devolverá os traballos non premiados.
- Para cada modalidade establécense as seguintes bases específicas:
RELATO CURTO
- Na modalidade de relato curto distínguense
as seguintes categorías por idades:
A) ata 13 anos
B) de 14 a 18 anos
C) a partir de 19 anos
- As obras deberán estar escritas en galego e presentaranse mecanografadas
a dobre espazo por unha soa cara, numeradas e por triplicado.
- Os orixinais deberán ter unha extensión non inferior a tres
folios nin superior a sete.
- Os relatos deberán cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
- Estar ambientados no Porriño. Os escenarios onde decorra acción
deberán ser reais.
- Estar relacionados con algún oficio, tradición, personaxe, feito
histórico ou lenda do Concello.
- Os traballos de relato curto enviaranse ao seguinte enderezo:
CONCELLO DO PORRIÑO
Normalización lingüística
r/Antonio Palacios 1
36400 O Porriño
ou tamén poderán ser entregados na Biblioteca Municipal.
- Os traballos deberán ir nun sobre, firmados unicamente cun pseudónimo
e acompañados doutro sobre pechado que indique o pseudónimo e
a categoría (A, B, ou C) no exterior e no interior o nome, idade, domicilio
e teléfono do autor/a.
MENSAXES DE MÓBIL
- As mensaxes deberán estar escritas
en galego e terán unha extensión máxima de 150 caracteres
(os espazos consideraranse caracteres)
- As mensaxes, de tema libre, serán valoradas pola súa orixinalidade
e simpatía.
- As mensaxes deberán ser enviadas desde un teléfono móbil
á seguinte dirección de correo electrónico:
normalizacion_linguistica@porrino.com
- No asunto da mensaxe deberá figurar a palabra “Letras”
seguida do número de teléfono móbil desde o que se envía
a mensaxe e que será o utilizado para contactar coa persoa gañadora.
- No texto das mensaxes non se poderán empregar acentos ortográficos.
- Nesta categoría non se establece división por idades. No caso
de que a persoa gañadora sexa menor de idade, recibirá, no canto
de diñeiro en metálico, un regalo valorado na cantidade establecida.
- Todas as mensaxes recibidas amosaranse na páxina web da Biblioteca
Municipal.
PREMIOS
relato curto
- Categoría A
1º premio: mochila, reprodutor de DVD, figura de Sargadelos e publicación
2º premio: mochila, reprodutor de DVD, figura de Sargadelos e publicación
- Categoría B
1º premio: mochila, cámara dixital, figura de Sargadelos e publicación
2º premio: mochila, reprodutor de DVD , figura de Sargadelos e publicación
- Categoría C
1º premio: 300 euros, figura de Sargadelos e publicación
2º premio: 200 euros, figura de Sargadelos e publicación
mensaxes de móbil
1º premio: mochila, 250 euros, figura
de Sargadelos e publicación
2º premio: mochila, 150 euros, figura de Sargadelos e publicación