
Campaña de animación
á lectura 2005-2006
Biblioteca Municipal do Porriño
Gañadora do Premio Nacional María Moliner de animación á lectura 2006
A Biblioteca Municipal do Porriño quere agradecer ao Ministerio de Cultura, á Federación Española de Municipios e Provincias e á Fundación Coca-Cola ó outorgamento deste premio. Ó mesmo tempo queremos agradecer o traballo de tódolos nosos colaboradores pola tarefa desenvolta, e ós nosos usuarios pola confianza depositada en nós e o apoio ó longo de todo este tempo.
Moitas grazas a todos.
A Biblioteca Municipal
do Porriño foi galardonada co premio único ó mellor proxecto
de animación á lectura de toda España do ano 2006. A Campaña
de Animación á Lectura María Moliner, organizada polo Ministerio
de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e
a Fundación Coca-Cola, convocada para concellos de menos de 50.000 habitantes
de toda España, é o concurso máis importante no mundo das
bibliotecas españolas, que se celebra dende 1998 e que pretende premiar
ós mellores proxectos para promover a lectura de nenos e mozos nas bibliotecas
do territorio nacional, ó que se presentaron, nas últimas edicións,
máis de 7.550 proxectos por máis de 2.000 concellos. O concurso
ten dúas variantes: por un lado selecciónanse 350 proxectos destacados,
que son premiados con lotes bibliográficos (a biblioteca do Porriño
leva catro anos, dende 2002, sendo unha destas bibliotecas seleccionadas), e
por outro, establécense tres premios únicos a nivel nacional que
premian diferentes aspectos de animación: Premio María Moliner
“á mellor labor bibliotecaria”, Premio María Moliner
“ó mellor proxecto de integración social” e, con moito
o máis importante, Premio María Moliner “ó mellor
proxecto de animación á lectura”, dotado con 12.000 euros
que recaeu nesta IX edición na biblioteca porriñesa.
Segundo nota do Ministerio de Cultura, este importante premio foi outorgado
á Biblioteca Municipal do Porriño destacando que “as actividades
de animación á lectura diríxense cara os adolescentes empregando
calquera medio ó seu alcance e tratando de achegarse mediante aqueles
canais que ós mozos lles permiten moverse con máis axilidade e
onde eles se atopan máis cómodos” (concertos, concursos
de fotografía, proxeccións cinematográficas, concursos
de SMS, a web, contacontos, obradoiros de creación, etc.) Destaca, ademais,
o Ministerio como méritos que “o uso de novos medios de comunicación
permiten a captación destes colectivos, a súa partipación
amplíase, permite desenvolver a imaginación e a creatividade”.
O proxecto premiado, titulado “BiblioTK: el mundo a tu alcance”,
desenvolveuse ó longo dun ano a través de diferentes actividades
cun enorme éxito de participación e resultados palpables: así
cabe destacar que a biblioteca conseguiu “atraer” como usuarios
a centos de novos mozos ou incrementar o préstamo de literatura infantil
e xuvenil en máis dun 300 %.
Este premio nacional ven a coronar a intensa actividade desenvolta pola biblioteca
porriñesa nos últimos tempos, que se manifestou, ademais, na ampliación
dos seus servizos, sobre todo na páxina web, cunha media de 128 visitas
por día (máis de 46.800 visitas no 2006) a apertura de novos espazos
ou na súa participación activa no último Congreso Nacional
de Bibliotecas Públicas celebrado en Murcia.
Máis información na web do Ministerio de Cultura:
http://www.mcu.es/libro/MC/PFL/CampAnimacion/CampAnimacion.html
- INTRODUCCIÓN
- CAMPAÑA
• TEMPORALIZACIÓN
• RECURSOS
• ACTIVIDADES
1. Concerto homenaxe ó Día das Letras Galegas
2. Concurso de fotografía O pracer de ler, 2006
3. Conmemoración dos 60 anos da publicación de O Principiño
4. Cine na biblioteca: ciclo de proxeccións cinematográficas
5. Animación á lectura Lúa ConLuvas
6. Curso de animación á poesía
7. Concurso de SMS
8. Ampliación de servizos e accesibilidade na web da biblioteca
• AVALIACIÓN