escritor@s da semana
Alexandr Solzhenitsyn
(1918)

Escritor e premio Nobel ruso, nacido en Kislovodsk. Fillo dun terrateniente cosaco e dunha mestra, estudiou na Universidade de Rostov. Serviu no exército soviético entre 1941 e 1945, ano no que foi sentenciado a oito anos de prisión polas opinións antiestanilistas que escribiu a un amigo. Deportado na Rusia central, ensinou matemáticas ó tempo que escribía. As súas experiencias no cárcere proporcionáronlle material para a súa primeira novela, Un día na vida de Iván Denisovich (1962), que foi publicada na revista literaria máis importante do seu país "Novy Mir" (Novo mundo) e procuroulle unha gran celebridade, xa que a novela causou sensación tanto na URSS como fora dela. Posteriormente, apareceron tres relatos en forma de libro, como Non cometemos erros (1963, existente na biblioteca), Polo ben da causa (1964) ou A Casa de Matriona (existente na biblioteca). En 1969 foi expulsado da Unión de Escritores Soviéticos por denuncia-la censura oficial, que prohibira algún dos seus libros. Tres das súas novelas máis importantes son: O primeiro círculo (1968), O pavillón de cancro (1968-1969) e Agosto 1914 (1971). Foi galardonado co Premio Nobel de Literatura. Solzhenitsyn foi deportado á antiga Alemaña Oriental e privado da cidadanía soviética en febreiro de 1974 a raíz da publicación de Archipiélago Gulag 1918-1956 (existente na biblioteca). Esta análise incríblemente documentada do sistema de prisións soviético, do terrorismo de estado e a policía secreta, publicouse primeiro en Francia (1973) e apareceu pouco despois en outros idiomas. Archipiélago Gulag 2 e Archipiélago Gulag 3 foron publicados en 1975 e 1978 respectivamente. Viaxou ós Estados Unidos en 1975 onde reside actualmente. Os seus derradeiros traballos son Cómo reorganizar Rusia (1990) e O problema ruso: ó final do século XX (1992). No 1990 recuperou oficialmente a cidadanía soviética e, ó fin, puido voltar ó seu pais en 1994, onde tivo un recibimento digno dun heroe, ó pesar do cal nunca deixou de criticar os defectos dos seus concidadáns.