Biblio Logo

escritor@s da semana

Patrick Süskind
(1949)

Suskind

"Escenario deste desenfreo -non podía ser outro- era o seu imperio interior, onde soterrara dende o seu nacemento os contornos de tódolos olores olfacteados ó longo da súa vida. Para animarse conxuraba primeiro os máis antigos e remotos: o bafo húmido e hostil do dormitorio de madame Gaillard; o olor seco e correoso das súas mans; o alento avinagrado do pai Terrier; o suor histérico, cálido e maternal da ama Bussier; o fedor a cadáveres do Cirnetiére des Innocents; o tufo de asasina da súa nai. E revolcávase na repugnancia e no odio e os seus cabelos erizábanse dun horror voluptuoso. Moitas veces, cando este aperitivo de abominacións non lle bastaba para comezar, daba un pequeno paseo olfatorio pola tenería do Grimal e agasallábase co fedor das peles sanguinolentas e das tinguiduras e abonos, ou imaxinaba o caldo de seiscentos mil parisienses no sufocante calor da canícula. Entón, de súpeto, este era o sentido do exercicio, u odio brotaba nel con violencia de orgasmo, estallando como unha tormenta contra aqueles olores que ousaran ofender a súa ilustre nariz. Caía sobre eles como a saraiba sobre un campo de trigo, os pulverizaba coma un furioso furacán e os afogaba baixo un diluvio purificador de auga destilada. Tan xusta era a súa cólera e tan grande a súa vinganza. ¡Ah, que momento sublime!, Grenouille, o homeciño, tremaba de excitación, o seu corpo tensábase e alombaba nun benestar voluptuoso, de modo que ó longo dun momento tocaba co curuto o teito da gruta, para logo baixar lentamente ata xacer liberado e apaciguado no máis fondo. Era demasiado agradable, este acto violento de exterminación de tódolos olores repugnantes, era realmente demasiado agradable, case o seu número favorito entre tódolos representados no escenario do seu gran teatro interior, porque comunicaba a marabillosa sensación de esgotamento placentero que segue a todo acto verdadeiramente grande e heroico" (tomado de "El Perfume")

Escritor alemán nacido na localidade bávara de Ambach. Fillo do escritor expresionista W. E. Süskind, dende 1968 a 1974 estudiou Historia Medieval e Moderna en Munich e Aix-en-Provence. As súas obras xiran en torno ó illamento do individuo na sociedade, e ó longo dos anos 80 colaborou en guións televisivos. A súa primeira obra foi un monólogo teatral, O contrabaixo (1984), anque o éxito chegoulle con O perfume (1985, existente na biblioteca), que o desvelou coma un grande narrador. Esta novela, traducida a máis de vinte idiomas, narra a vida de Jean-Baptiste Grenouville, un asasino de rapazas, cun desenvolto sentido do olfacto. Repudiado por todo o mundo cando era un recén nacido e tras buscarse a vida en distintos oficios, logra entrar no obradoiro dun coñecido perfumista onde elaborará as máis exquisitas fragrancias de París, mentres en segredo, investiga como acadar o perfume definitivo, para o que non dubidará en cometer as máis horribles accións. As súas seguintes novelas, A pomba (1988) e A historia do señor Sommer (1991, existente na biblioteca), narración ilustrada con debuxos de Sempé, non tiveron o éxito de O perfume. Na actualidade vive unha vida illada ó carón do lago Starnberger, na súa cidade natal.

Valid XHTML 1.0 Transitional