Biblio Logo

escritor@s da semana

Isaac Bashevis Singer
(EE.UU., 1904-1991)

Singer



- Eso din. En Arxentina, os que no son xudeos, e falo dos homes, non practican. Nin sequera van á igrexa os domingos. A clave da cousa está nas mulleres. Elas sí van á Igrexa e se confesan co sacerdote. E cando o marido da dama non está na casa, entón hai vía libre con ela. Pero non dura moito; ós trinta a dama xa non vale para nada. Todo iso débese ó clima. Ademais, practicamente tódolos homes teñen unha amante alí.
- É un país marabilloso
- É un lugar onde o sangue ferve. A xente fala mal de Arxentina, pero si foran alí o comprenderían. Tense unha necesidade imperiosa e se fai todo o posible para satisfacerla de súpeto .
(tomado de "Escoria”)

Escritor estadounidense de orixe polaco que escribiu en lingua yiddish. Singer naceu o 14 de xullo de 1904 en Radzymin (Polonia), e emigrou a Estados Unidos no 1935, onde se nacionalizou en 1943. Ó pouco tempo da súa chegada incorporouse ó xornal neoiorquino en lingua yiddish Jewish Daily Forward. A súa primeira novela, Satán en Goray (1935), trata da histeria relixiosa e os pogromos do século XVII, nos que os xudeos de Polonia foron brutalmente asasinados polos cosacos. Outras novelas famosas son A familia Moskat (1950, existente na biblioteca), a única das súas obras literarias nas que o elemento ficticio está ausente; A casa de Jampol (1967), Os herdeiros (1969), Un amigo de Kafka (existente na biblioteca) ou a, en parte autobiografíca, Krochmalna nº 10 (existente na biblioteca). No patio da miña nai, tamén autobiográfica, publicouse no 1966. Singer tamén escribiu relatos moi imaxinativos, como os publicados en Gimpel el tonto e outros relatos (1957). Foi galardonado co National Book Award (Premio Nacional do Libro) por Un día placenteiro: relatos dun neno que se criou en Varsovia (1973), un dos seus libros de literatura infantil entre os que tamén destaca Mazel y Schlimazel (existente na biblioteca). En 1978 foille concedido o Premio Nobel de Literatura polo seu “apaixonado arte narrativo” que ten as súas raíces na cultura polaco-xudea. En 1982 publicou Relatos completos e, no 1984, Relatos para nenos. A sonada película, Yentl, basouse no seu relato Yentl the Yeshiva Boy (1983), así como a película homónima de O Golem (existente na biblioteca). Meshugah, unha novela curta sobre un grupo de supervivintes do holocausto que viven en Nova Iorque, publicouse no 1994, despois do seu falecemento. A obra de Singer caracterízase pola forza do seu argumento, cheo de paixón pola vida e desesperación polas tradicións que se perden. Todos os seus libros están ambientados no seu pasado polaco e nas lendas dos xudeos e do folclore da idade media europea. El mesmo traduciu moitas das súas obras ó inglés. En 1984 publicouse a súa autobiografía, Amor e exilio: memorias.

Valid XHTML 1.0 Transitional