escritor@s da semana
George Sand
- Amandine Aurore Lucie Dupin -
(Francia, 1804-1876)

Pilar tocaba o punto esencial da situación;
Mario calmouse e consentiu en agardar a súa curación en Grenoble.
Tivo que consentir tamén en ver a Pilar ó seu carón. Non
podía pensar xa en entregar ó rigor da lei á que acababa
de salvalo e a quen máis lle valía atraer pola dulzura. Non se
atrevía a irritala co seu desprezo, e a pesar da invencible repugnancia
que Pilar lle inspiraba, preocupábase cando ela permanecía moito
tempo fora e aledábase cando a vía volver. Ó cabo de dous
ou tres días, aquel estado de cousas fíxose intolerable; Pilar
era incapaz de facer ningún razonamento moral; soamente quería
que a quixesen. (tomado de "Os
cabaleiros de Bois-Doré”)
George Sand, pseudónimo baixo o que escribiu Aurora Dupin, é sen dúbida unha das representantes máis xenuinas do romanticismo francés. Sen embargo, a súa fama quizais proveña máis da súa propia vida que dunha producción literaria inxustamente esquecida, incluso polos seus contemporáneos. Casada ós dezaoito anos con Casimir Dudevant, pronto se sentiu agobiada pola rutina do fogar, polo que pronto abandonou ó seu marido buscando fora do fogar a quen puidera satisfacer as súas inquietudes culturais. Así coñeceu primeiramente a Jules Sandeau – de cuio apelido, por supresión de letras, surxiu o seu pseudónimo - que a motivou para achegarse á literatura ata chegar a escribir xunto con el a súa primeira obra, Prima Donna. En 1831 trasladouse a París e uniuse a un grupo de distinguidos artistas entre os que se atopaban o novelista francés Honoré de Balzac e o compositor húngaro Franz Liszt. Faríase famosa tanto polos seus romances, especialmente pola súa relación co poeta francés Alfred Musset e o compositor polaco Frédéric Chopin. Con este último realizou un viaxe a Mallorca, que polo seu vento cálido e seco conviña ó compositor, e que narraría en Un inverno en Mallorca (1841).
Sand foi unha escritora enormemente prolífica que expresaba nas súas obras unha grande preocupación polos problemas humanos e os ideais feministas. Muller dunha ampla cultura e ideas progresistas, o seu pensamento levaríaa a participar activamente na revolución de 1848. A súa producción literaria se divide en catro etapas. As obras do primeiro periodo (1832-1836), como Valentine (1832) e Lélia (1833), eran idealistas e románticas, exaltaban o amor libre das trabas impostas polo matrimonio convencional. No segundo periodo (1840-1848), con obras como Consuelo (1842), expón os seus ideais socialistas e humanos. Tras a Revolución de 1848 retirouse á súa casa de campo de Nohant, onde escribiu as obras do seu terceiro periodo (1848-1860), basadas na vida campestre. As súas últimas obras, que supoñen unha volta a cuestións sociais de carácter máis amplo, están consideradas o mellor da súa producción: entre elas Jean de la Roche (1860), O Marqués de Villemer (1861) ou O misterio das damas verdes (existente na biblioteca). En 1854-1855 aparece a súa autobiografía, Historia de mi vida (existente na biblioteca), tamén coñecida como Diario íntimo (existente na biblioteca), unha colección de escritos para os seus netos. Ós setenta e catro anos morría soa e desenganada nas súas posesións de Nohant esta extraordinaria muller que soubera romper con todos os moldes que a sociedade decimonónica impoñía ó seu xénero sexual. O recente impulso da crítica feminista fixo revivir notablemente o interés pola súa vida e obra.